AD

Deportes

Luis Penido afronta o desafío do Fito no Europeo de Montaña

today6 mayo, 2026

Fondo
AD

O piloto Luis Penido disputará esta fin de semana unha das citas máis emblemáticas do calendario continental, a Subida Internacional ao Fito, puntuable para o Campionato de Europa de Montaña, onde competirá co dorsal 33.

A proba asturiana, considerada unha das subidas máis prestixiosas e exixentes do panorama europeo, presenta un percorrido de algo máis de 5 kilómetros cun desnivel cercano aos 320 metros e unha pendiente media próxima ao 6%. O seutrazado, cheo de curvas enlazadas,  cambios de rasante e zonas de adherencia variable, convirten cada subida nun exercicio extremo de precisión e valentía.

Ademáis, as condicións meteorolóxicas xogarán un papel determinante. A previsión de choiva engade un extra de dificultade nun trazado xa de por sí técnico, onde a humidade, a néboa e os cambios de agarre son habituáis e obrigan aos pilotos a unha adaptación constante e a unha lectura perfecta do asfalto.

Neste escenario, Luis Penido afronta o reto cun punto ao seu favor, a sua recoñecida experienza en condicións de baixa adherencia. A sua capacidade para xestionar situacións complexas e a sua sensibilidade ao volante en mollado convírteno nun piloto especialmente competitivo cando a climatoloxía se complica, un factor que pode resultar decisivo esta próxima fin de semana.

A cita tendrá ademáis un atractivo engadido para os afeccionados españóis, xa que será a primeira vez que se vexa competindo en España ao Renault Clio RS Cup, vehículo campión de Europa do Grupo 5 na tempada 2025, co propio Penido ao volante, un fitoque eleva aínda máis o interese deportivo e mediático da sua participación.

Con milleiros de siareiros agardando nas cunetas e un ambiente único no automovilismo de montaña, a Subida ao Fito voltará a poñer a proba tanto a pilotos como a máquinas nun entorno onde cada décima conta e calquera erro págase caro.

Luis Penido chega ao Fito preparado para afrontar un dos maiores desafíos do ano.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *