Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today23 junio, 2026
Ao longo de 2025, o Concello de Santiago actuou para eliminar máis de 2.000 pintadas nos muros da cidade, retirou uns 16.500 depósitos de elementos voluminosos nas proximidades dos colectores de lixo, máis do 60% dos cales non foran avisados, como é preceptivo, e limpou 83 vertedoiros incontrolados en zonas periurbanas ou rurais. Tamén medraron os puntos en que aparece pegada cartelería en muros, fachadas, escaparates etc., e se detectan máis residuos depositados no colector incorrecto, abandonados no chan e en horarios inadecuados. Por outra parte, tamén se incrementaron os partes de denuncia da Policía Local por incumprimentos das normas de limpeza, protección do medio e uso da vía pública.
«Cómpre, pois», indica o texto, «solicitar de toda a cidadanía a colaboración necesaria para manter as condicións adecuadas de limpeza e ornato e esixir o cumprimento das normas básicas que recollen as ordenanzas municipais e a normativa sobre protección do medio, que prevén tamén sancións para os casos de incumprimento».
Con estes fins, a rexedora lembra as as seguintes disposicións:
As infraccións contra estas normas poderán ser sancionadas con multas de ata 3.000 euros para os casos máis graves.
O bando remata indicando que o anterior se fai público para coñecemento xeral e para o seu cumprimento por parte da cidadanía.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)