AD

Deportes

Secho e a SD Compostela separan os seus camiños

today29 junio, 2026

Fondo
share close
AD

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2026. A SD Compostela e José Manuel Martínez Paz, Secho, separan os seus camiños unha vez rematada a tempada 2025/26, na que o conxunto compostelán acadou o ansiado ascenso a Segunda Federación a través do play off de ascenso.

O técnico de Porto do Son pon fin á súa etapa á fronte do primeiro equipo despois dunha campaña marcada polo compromiso, o traballo e a capacidade para conducir ao cadro branquiazul cara ao obxectivo marcado desde o inicio da tempada.

Tras once meses de intenso esforzo, dedicación e superación de numerosos retos, o equipo conseguiu recuperar a categoría, culminando con éxito unha tempada que quedará para o recordo da afección compostelanista.

A SD Compostela quere expresar o seu máis sincero agradecemento a Secho pola súa profesionalidade, entrega e implicación durante este tempo, desexándolle a maior das sortes nos seus próximos desafíos, tanto no ámbito profesional como persoal.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *