Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today18 diciembre, 2023
Nerea Barcia pediulle hoxe ao goberno do BNG que informe sobre se se levou a cabo unha revisión de todos estes elementos tras o primeiro incidente, “tal e como solicitamos despois de que unha persoa resultase herida ao caerlle o alumeado enriba”, e, de non ser así, “queremos saber por qué non se fixo ese traballo de control que, á vista está, era necesario”.
Este fin de semana volveu a repetirse un incidente co alumeado de Nadal de Santiago, un novo elemento caía, esta vez, no barrio de Sar, provocando un importante atasco de vehículos, posto que coincidiu coa saída do partido CAB Obradoiro-Real Madrid. Afortunadamente neste ocasión no houbo que lamentar danos persoais.
Como diciamos, trátase do segundo incidente destas características na mesma semana, xa que o pasado luns, outro conxunto de luces se desprendía da súa ancoraxe na rúa Virxe da Cerca, causando danos persoais a unha viandante.
Por iso, a concelleira do Partido Popular de Santiago, Nerea Barcia, pediulle hoxe ao goberno do BNG que informe sobre se se levou a cabo unha revisión de todos estes elementos tras o primeiro incidente, “tal e como solicitamos despois de que unha persoa resultase herida ao caerlle o alumeado enriba”, e, de non ser así, “queremos saber por qué non se fixo ese traballo de control que, á vista está, era necesario, posto que durante a fin de semana non se rexistrou ningún fenómeno atmosférico que xustifique esta nova caída”, salientou.
Barcia insistiu en que, de non terse feito, desde o PP de Santiago esiximos que se realice, o máis urxentemente posible, co fin de asegurar que se atopan todas as luces ben colocadas, para evitar novos perigos a peóns e vehículos.
Escrito por Líder Redacción
Radio Líder Santiago te ofrece una cuidada selección musical donde suenan los grandes clásicos que forman parte de nuestra vida, junto a una selección con las novedades más interesantes.
closeCopyright © 2023 Radio Líder Santiago de Compostela - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)