AD

Comarca

A 51ª Festa do Queixo de Arzúa celebrarase o 27 e 28 de febreiro e o 1 de marzo

today21 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

O Concello de Arzúa anuncia oficialmente as datas da 51ª edición da Festa do Queixo, que terá lugar os días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo. Considerada unha das celebracións gastronómicas máis emblemáticas e antigas de Galicia, a festa reafirma o seu papel como referente cultural e turístico da comunidade.

Desde o ano pasado, a Festa do Queixo forma parte da Ruta Europea do Queixo, un recoñecemento que sitúa Arzúa no mapa ñ internacional das grandes tradicións queixeiras.

Aínda que a temática desta edición aínda non foi desvelada, a organización adianta que estará vinculada á historia de Galicia, o que permitirá conectar o patrimonio cultural galego coa tradición queixeira da comarca.

Durante os tres días de celebración, Arzúa encherase do sabor do seu queixo con Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa, así como das outras denominacións de orixe galegas, dos produtores artesanais certificados e dunha ampla mostra de queixos procedentes de todo o Estado e tamén internacionais. Un encontro diverso e de calidade que converte a festa nun escaparate único para profesionais, amantes do queixo e público xeral.

Nas próximas semanas, ao longo do mes de decembro, abrirase tamén o prazo de inscrición de expositores, un dos momentos máis agardados tanto polas queixerías como polo sector gastronómico.

O Concello de Arzúa lembra que, a medida que se achegue a data, iranse anunciando novidades sobre a temática, o programa musical e as actividades complementarias a través das canles oficiais da Festa do Queixo.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *