AD

Comarca

A amesá Olivia Parga acadou a medalla de ouro na 3º Xornada da Liga Galega de Karate

today17 junio, 2025

Fondo
share close
AD

O pasado 7 de xuño, Xinzo de Limia acolleu a penúltima xornada da Liga Galega de Karate, unha cita na que a amesá Olivia Parga volveu a acadar a medalla de ouro na súa categoría

Tras este triunfo, a deportista do Milladoiro colócase como a favorita para obter o triunfo na Gran Final da Liga Galega de Karate que se disputará este sábado, 21 de xuño, en Soutomaior

Ames, 17 de xuño de 2025.- O pasado sábado 7 de xuño, a localidade de Xinzo de Limia acolleu a penúltima xornada da Liga Galega de Karate, onde a amesá Olivia Parga volveu a subir ao máis alto do podio.

O pasado 7 de xuño, celebrouse na localidade de Xinzo de Limia a 3º Xornada da Liga Galega de Karate, a penúltima cita desta temporada de karate dentro do calendario galego. Nesta ocasión, a amesá Olivia Parga volveu a acadar a medalla de ouro na modalidade de Kumite Cadete Feminino <47kg Avanzado.

Olivia Parga conseguiu alcanzar a vitoria nesta cita tras dous combates de alto nivel. O primeiro deles, gañando por un axustado 2-2 no que conseguiu pasar de ronda grazas a que foi a primeira en puntuar, e no segundo combate, vencendo con un 3-1.

Tras este triunfo, a karateka do Milladoiro colócase como a favorita para obter o triunfo na Gran Final da Liga Galega de Karate que se celebrará o vindeiro 21 de xuño na localidade pontevedresa de Soutomaior.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *