Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today16 septiembre, 2025
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, afirmou este martes en Vigo que a Autoestrada do Atlántico está “na vía da gratuidade”, cando queda menos de un día para que remate o prazo marcado pola Comisión Europea para que España corrixa as prórrogas da concesión da AP-9 e da AP-66, cuestionadas por vulnerar a normativa comunitaria en materia de contratación pública.
Bruxelas advertiu en xullo de que, de non emendarse estas irregularidades, o caso podería ser elevado ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE). O prazo conclúe mañá mércores.
Blanco defendeu que o que realmente preocupa á cidadanía “non é quen teña a titularidade da infraestrutura, senón poder circular gratis”. O delegado lembrou que foi o Executivo de Pedro Sánchez quen puxo en marcha o proceso que abriu a porta á gratuidade da AP-9 e incidiu en que, tanto se a concesión pasa á Xunta como se é asumida polo Estado, iso non implicaría de forma automática a desaparición dos peaxes.
“O que temos agora é un sistema de bonificacións sen precedentes, posto en marcha por este Goberno, e iso é un avance importante”, destacou, antes de engadir que o futuro da titularidade e a xestión da vía “segue sobre a mesa” e está pendente de decisións definitivas.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)