Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today9 febrero, 2024
A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) celebra a chegada ao polígono de PPCR Stellantis &You, empresa cunha actividade que xira entorno á comercialización de pezas e recambios para clientes profesionais e que forma parte do grupo automobilístico Stellantis (antigo Grupo PSA e Grupo FCA).
O presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre, José Fernández Alborés, amosa a súa satisfacción pola instalación de PPCR Stellantis &You no polígono do Tambre. “Esta nova incorporación súmase a outras anteriores, potenciando a conversión da área empresarial do Tambre no centro loxístico de referencia en Galicia. Coas obras case rematados do Orbital, que conectará en menos dun minuto o polígono coa autoestrada AP-9 e a autovía A-54, agora demandamos avances no Orbitaliño, unha infraestrutura que conectará a N-550 co Orbital, pero que aínda está pendente de licitación e das alegacións da veciñanza da zona” –sinala–.
Esta nova apertura, na Vía Pasteur número 41, súmase ás sete placas de recambios xa existentes en España, axudando a PPCR Stellantis &You a consolidarse como a mellor opción no sector do recambio global, logrando trasladar aos seus clientes os maiores beneficios e vantaxes grazas á potencia e fortalezas de Grupo Stellantis, gañando en cobertura xeográfica e calidade de servizo e ampliando a oferta de pezas oficiais. Estará operativo a partir do luns 12 de febreiro.
“O feito de atoparnos no centro de Galicia permitiranos chegar máis facilmente a todas as poboacións da nosa comunidade, mellorando o servizo de entrega a todos os nosos clientes, e podendo entregar os pedidos en menos tempo e con maior frecuencia. Á vez que reducimos as distancias percorridas, redúcese a pegada de carbono. Este almacén, de case10.000 metros cadrados de superficie, albergará máis de 30.000 referencias vivas en stock. Desde aquí sairán diariamente 25 furgonetas, dedicadas exclusivamente ao noso reparto, con dous servizos de entrega diarios de mañá e tarde, con tres furgonetas urxentes, unha rotativa para Santiago e unha terceira rotación a media mañá para Vigo e A Coruña” –explica José Francisco Fernández de Porras, director da nova sucursal en Galicia de PPCR Stellantis &You–.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)