Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today24 noviembre, 2023
«No día onte, 22 de novembro do 2023, os pacientes dos servizos de urxencias do CHUS padeceron outro episodio de colapso no que se vulnerou o seu dereito a intimidade e a dignidade. Durante toda a tarde os corredores estiveron cheos de pacientes graves agardando ser atendidos nas zonas de traballo.
Ás 19:30 horas, 13 pacientes graves en padiolas e cadeiras de rodas, e algún deles con ostensibles episodios de dor, estaban colocados nos corredores de acceso. A esa hora 26 pacientes, co ingreso asinado, estaban agardando o traslado a planta e ocupando zonas de atención.
De acordo cos datos publicados polo SERGAS no pulso do CHUS a ocupación de camas nas últimas últimas 24 horas foi do 54 por 100 e, polo tanto, sí existían medios que, debidamente dotados, podían responder as demandas de ingresos solicitadas polos facultativos.
O servizo está instalado no colapso permanente cando aínda non se produciu o pico de demanda estacional por doenzas relacionadas co descenso das temperaturas. Entre ás 8:00 da mañá do día 22 e as 8:00 horas do día 23 foron atendidos 427 persoas o que non representa unha demanda excepcional que xustifique un colapso do servizo no que os pacientes padecemos un dano moral e físico por demora na atención e soportamos a exposición da nosa esfera íntima. O que está acontecendo resposta, en primeiro lugar, á inoperancia da xerencia para establecer sistemas eficientes de xestión que permita dispoñer da capacidade plena dos medios existentes e, en segundo lugar, a incapacidade da atención primaria de dar resposta as demandas de pacientes e usuarios.
Os servizos de urxencias do SERGAS están configurados legalmente sobre os principios de equidade no acceso, dignidade e calidade na atención, universalidade e atención inmediata. Resulta mais que evidente, que as urxencias do CHUS vulneran sistematicamente varios destes principios e non cumpren os estándares de calidade e atención aprobados polo Ministerio de Sanidade no ano 2010. As condicións materias de atención que impoñen os xestores desta área sanitaria no servizo non só afectan aos pacientes, que ademais de padecer as consecuencias derivadas da nosa doenza, temos que soportar a violación do noso dereito a dignidade e a intimidade, senón que tamén golpea aos profesionais que vense obrigados a ter que desenvolver as súas funcións en condicións de estrés intolerable derivadas da sobrecarga de traballo e que inexorablemente remata afectando a calidade da atención que recibimos.
A xerencia do CHUS e o coordinador do servizo, veñen demostrando unha reiterada e inaceptable incapacidade de xestión que os convirte nun obstáculo para poder acadar a excelencia real e poder reconducir a atención urxente aos estándares de calidade. A súa renuncia, constitúe para os pacientes e usuarios, unha condición necesaria aínda que non suficiente».
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)