Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
A Baña. 13-5-2025.- O polideportivo municipal da Baña acolle o sábado 7 de xuño unha nova edición do Torneo de Xadrez Concello da Baña, que nesta ocasión será valedoiro para o IX Circuíto Intercomarcal de Xadrez Deputación da Coruña.
A cita iniciarase ás 15:45 horas coa presentación dos participantes, e o comezo da primeira rolda será ás 16:00 horas. A clausura está prevista arredor das 21:00 h.
O torneo disputarase baixo o sistema suízo a 7 ou 8 roldas (en función do número de xogadores) cun ritmo de xogo de 10 minutos + 3 segundos por xogada, e será válido para ELO FIDE de xadrez rápido. A inscrición está aberta a persoas federadas, aínda que a organización poderá tramitar federacións para quen o precise.
Inscricións e premios
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición ata o venres 6 de xuño a través do correo electrónico torneos@galichess.com ou no teléfono 617 234 393. O custe da inscrición é de 10 € (xeral), 7 € (sub-16) e 5 € (persoas empadroadas na Baña). Os pagamentos deben facerse de forma anticipada por transferencia (Caixabank ES15 2100 5097 2002 0012 6301) ou Bizum (617234393) indicando nome e apelidos e o epígrafe ‘inscrición torneo’. Os pagamentos efectuados o propio día do torneo levarán un recargo de 2€.
A organización repartirá 700 euros en premios, incluíndo trofeos nas diferentes categorías (xeral, locais, por tramos de ELO, idades e veteráns). Ademais, sortearase un cheque regalo de Gadis ou unha cesta de Frutas Fondo entre as persoas participantes non premiadas.
Con esta iniciativa, o Concello da Baña reafirma o seu compromiso co deporte estratéxico, educativo e integrador como é o xadrez, ofrecendo á veciñanza e visitantes un evento de referencia dentro do calendario deportivo da comarca.
As persoas que se acheguen ao municipio o día do torneo poderán tamén gozar da oferta hostaleira local, con opcións de xantar en distintos establecementos da zona, como O Arranca, Parrillada Begomar, Casa Salvador ou a Parrillada O Val de Barcala.
Para máis información e acceso ás bases completas pode consultarse na web do Concello ou a web oficial do evento www.galichess.com
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)