AD

Comarca

A Baña celebra un Magosto o sábado 18 de outubro

today8 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

A Baña.8-10-2025.- O sábado 18 de outubro, o Concello da Baña convida a toda a veciñanza a gozar do tradicional Magosto, nunha tarde de convivencia e festa que combinará maxia, música e castañas asadas.

A partir das 17.00 horas, na Escola de Música Emilio Andújar, celebrarase unha xornada pensada para todas as idades. O Mago Teto abrirá a tarde cunha actuación chea de ilusións e humor. Despois, as persoas asistentes poderán degustar castañas asadas de balde, e para rematar a festa, haberá unha animada foliada coa participación de membros da Escola de Música Tradicional da Baña.

O Magosto está organizado pola Concellería de Acción social, cultural e servizos á cidadanía, coa colaboración da Asociación Alborada.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *