Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today25 noviembre, 2025
• Ante a situación vivida hoxe, dende o PP de Santiago reclamámoslle ao BNG e CA que condenen esta actitude do sindicato nacionalista e que manifesten se lles parece normal que compañeiras estean pechadas na sede popular, protexidas por axentes antidisturbios.
• “É unha total incoherencia -explicou a concelleira María Baleato- que unha protesta a favor dos dereitos das mulleres teña como obxectivo protestar ante varias traballadoras que só están a cumprir as súas funcións”.
• O sindicato nacionalista repartiu estes días varios carteis avisando de que a súa manifestación remataría na sede dos populares, unha situación que a popular calificou de “esperpéntica e fóra de lugar”.
O persoal do Partido Popular de Santiago mantívose no día de hoxe, 25 de novembro, traballando escoltados pola Policía Nacional, despois de que a CIG ameazase con rematar a súa manifestación, que ten como lema “Retroceder en dereitos. Incrementa a violencia. Por unha Galicia con dereitos, traballo digno e igualdade”, na sede do partido popular de Santiago.
Ante a situación vivida hoxe, dende o Partido Popular de Santiago reclamámoslle ao BNG e CA que condenen esta actitude do sindicato nacionalista e que expliquen se lles parece normal que compañeiras estean pechadas na sede popular, protexidas por axentes antidisturbios.
“É unha total incoherencia -explicou a concelleira María Baleato- que unha protesta a favor dos dereitos das mulleres teña como obxectivo protestar ante varias traballadoras que só están a facer as súas funcións”.
O sindicato nacionalista leva repartindo estes días varios carteis avisando de que a súa manifestación remataría na sede dos populares, unha situación que a popular calificou de “esperpéntica e fóra de lugar”.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)