Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today10 abril, 2026
A Comisión de Festas de Conxo denuncia nun comunicado remitido a Radio Líder Santiago as «dificultades administrativas» que están a poñer en risco a celebración das súas festas, previstas para os vindeiros días cun amplo programa de actividades culturais e de lecer.
Segundo explicou o colectivo, os permisos necesarios para a ocupación da vía pública e outras autorizacións foron solicitados con antelación. Porén, aseguran que durante meses non recibiron resposta por parte da administración competente, malia realizar múltiples intentos de contacto por diferentes vías.
A situación complicouse a poucos días do evento, cando se lles comunicou que non se lles concedería o enganche de subministración eléctrica, un elemento fundamental para o desenvolvemento das actividades programadas. Ademais, outras peticións quedarían sen tramitar, segundo denuncian, sen explicación clara.

O programa das festas, a celebrase o 18 de abril, inclúe actuacións musicais, un percorrido de vehículos, unha exposición de coches clásicos, un concurso de disfraces e varios postos de hostalería xestionados pola propia Comisión. A falta de subministración eléctrica obrigaría á organización a asumir custos adicionais para poder garantir a celebración.
Dende a Comisión de Festas lamentan a falta de comunicación institucional e o que consideran un exceso de burocracia, sinalando o impacto que esta situación ten sobre unha iniciativa que busca promover a participación veciñal e dinamizar a vida cultural da zona.
A pesar das dificultades, a organización asegura que traballa en alternativas para poder sacar adiante as festas, reafirmando o seu compromiso coa veciñanza e co mantemento desta celebración tradicional.
Escrito por Líder Redacción
comision das festas de conxo conxo denuncia festa de conxo Santiago de Compostela



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)