Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today16 octubre, 2025
O próximo luns día 20 reunirase a comisión de seguimento das obras da nova depuradora da Silvouta, da que forman parte Acuaes, Augas de Galicia e Concello. Por petición do goberno compostelá, nesta reunión, que estaba prevista con anterioridade, incorporouse un punto na orde do día para abordar, formalmente, o vertido ao río Sar. Deste asunto dará conta a sociedade mercantil estatal do Ministerio para a Transición Ecolóxica, que está executando as obras.
Acuaes está encargada da construción e posta en marcha da nova EDAR, unhas obras que comezaron en febreiro de 2024. A principios do mes de outubro autorizouse a posta en funcionamento da fase I da Edar e, segundo a sociedade estatal, o vertido rexistrado debeuse as propias operacións de conexión dos colectores e inicio desta fase.
A alcaldesa compostelá, Goretti Sanmartín, avanzou a preguntas dos medios en rolda de prensa este xoves, a convocatoria da reunión de seguimento e a inclusión desta cuestión na orde do día. Ao respecto, indicou que o Concello solicitará un informe sobre o acontecido e preguntará polas medidas adoptadas para eliminar e reducir os vertidos. Así mesmo, expresará a vontade de colaboración para a resolución do problema.
Na súa comparecencia, a rexedora expresou a solidariedade do Concello de Santiago cos municipios e a veciñanza afectada e explicou que se veñen mantendo desde que se detectou e se informou do vertido ao río contactos permanentes con Acuaes. Tamén se puxo en contacto con Aguas de Galicia para abordar este asunto.
De feito, o Concello, tanto desde Servizos Básicos como por parte da alcaldesa e do concelleiro de Sustentabilidade, abordou desde o primeiro este asunto coa entidade que está executando as obras para obter a información do acontecido. Neste sentido, Sanmartín manifestou “toda a colaboración” do Concello para coñecer o acontecido e mellorar a situación.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)