AD

Actualidad

«As críticas ás Festas da Ascensión foron desmedidas porque foron un éxito»

today14 mayo, 2024

Fondo
share close
AD
  • «As pedras da Praza do Obradoiro non están catalogadas como Patrimonio polo que non se atentou contra el»
  • «Non está demostrado que o camión da Panorama rompera varias pedras no Obradoiro»
  • «O problema dos decibelios non está na orquestra nin no Obradoiro, senón na bancada da oposición»
  • «Os técnicos están estudando a posibilidade de cambiar de lugar a noria»
  • «Antònia Font actuará nas Festas do Apóstolo»

Pilar Lueiro, concelleira de Festas de Santiago, abordou as controversias en torno ás recentes Festas da Ascensión nunha entrevista en Radio Líder Santiago. Lueiro describiu o balance das celebracións como «positivo», destacando a alta participación en todas as actividades e a ausencia de incidentes destacables, a pesar das críticas recibidas, e cos «efectivos policiais habituais», dando resposta as declaracións do portavoz socialista que aseguraba en nota de prensa que só tiveramos unha patrulla da Policía Local durante a Ascensión, algo que a concelleira achaca a un «feito puntual o venres por unha causa imprevista».

En canto ao informe desfavorable para a actuación de orquestras na Praza do Obradoiro, Lueiro asegurou que «o problema dos decibelios non está nas orquestras nin no Obradorio, senon na bancada da oposición». Apuntou que o asunto foi tratado nunha subcomisión da Xunta de portavoces xa que non é preciso para a elaboración das Festas ningún informe da comisión de Patrimonio. Ademais a nacionalista lembra que «o que se trata na Xunta de portavoces debe de quedar na Xunta de portavoces». E engade que «se Borja Verea quere coñecer máis sobre este informe que lle colla o teléfono á alcaldesa, porque debe estar moi ocupado».

Referíndose ao polémico concerto da orquestra Panorama como proposta da TVG para o inicio das Festas da Ascención, a concelleira explicou que a decisión de reducir o aforo e os decibelios foi tomada conscientemente xa que «sabíamos que non ía a gustar», e incluso explica que «xerou debate no grupo de goberno» chegando á conclusión de que «as prazas son para o uso e desfrute de todos e todas, incluídos os composteláns e as compostelás».

Sobre os desperfectos localizados nalgunhas das pedras da Praza do Obradoiro «non está demostrado que estivese ocasionado pola Panorama», afirma. De todos os xeitos «no Obradoiro hai varios puntos con pedras movidas, é certo que si un camión maniobra, as pedras se movan, algo que non se pode calificar como dano ao patrimonio, xa que son pedras que se poden sustituir ou que se poden arranxar, xa que non están catalogadas como Patrimonio, ao ser firme. E máis, na praza do Obradoiro entran vehículos todos os días, buses, guindastres, camións, etc, eso sí hay que limitalo e arranxalo», explica.

En conclusión, Pilar Lueiro asegurou que todas estas polémicas están «desmedidas» e son froito de que as festas «foron un éxito», ao tempo que compartía unha curiosidade sobre o concerto de Fillas de Cassandra o cal non puido ver xa que o chegar á praza da Quintana o aforo estaba completo. Lonxe de identificarse como a concelleira de Festas, e polo tanto a organizadora, decidiu abandonar o recinto e seguilo dende o extraradio xa que «son unha veciña máis».

Pilar Lueiro xunto a Álvaro Veiga tras a entrevista

En relación ás atraccións na Alameda, Lueiro indicou que se están a estudar posibles cambios, incluíndo a posible reubicación da noria, «algo que dependerá dos informes dos técnicos e non da concelleira». Sobre a posibilidade de mantela de forma permanente como reclamos turístico, asegura que Santiago non precisa máis reclamos turísticos.

Na recta final tamén falou de tentar cambiar unha tradición no xoves da Ascensión onde os diferentes líderes políticos de Santiago e Galicia danse cita para comer o polbo no tradicional posto da Alameda, co seu espazo reservado. Algo que levanta críticas dos veciños e veciñas que agardan durante horas para poder ter unha mesa. Un xesto que, recoñece «non lle gusta» e avisa que «aínda que sexa unha tradición, as tradicións tamén están para cambialas».

Finalmente a edil anunciou que os mallorquíns Antóina Font será un dos grupos que actúe nas Festas do Apóstolo deste ano, cunha programación que xa está prácticamente pechada, e máis, «xa estamos traballando na programación do Nadal», conclúe.

A entrevista completa no seguinte enlace.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%