Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Val do Dubra recibiu hoxe no municipio á conselleira do Medio Rural, María José Gómez e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo durante unha visita á explotación A Ferreira, situada neste concello e rexentada por José Antonio Liñares. Á visita uniuse o alcalde deVal do Dubra, Diego Luis Díaz, acompañado doutros membros da Corporación.
Durante a visita anunciaron que a Xunta fixo efectivo esta semana o pagamento de máis de 5 millóns de euros a 2.560 gandeiros galegos afectados pola Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE), segundo anunciou a conselleira. As axudas, que se publicarán mañá no DOG, están destinadas a compensar perdas por mortes de animais e a cubrir tratamentos veterinarios e desinfectantes nas explotacións afectadas nos anos 2023 e 2024.
Ademais, anunciouse a próxima publicación no DOG dunha convocatoria específica dotada con 390.000 euros para a recría de razas autóctonas ameazadas, como a cachena ou a cabra galega, co obxectivo de preservar a biodiversidade e promover un modelo gandeiro sustentable.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)