AD

Deputación da Coruña

A Deputación reforza a Rede Provincial de Coworking con máis de 213.000 euros e 134 proxectos activos

today5 marzo, 2026

Fondo
share close
AD

A Deputación da Coruña consolida en 2026 o seu compromiso co emprendemento local cun investimento de 213.534,29 euros destinado á xestión e dinamización da Rede Provincial de Coworking, integrada no Plan de Emprego Local (PEL). A rede conta actualmente con 12 centros activos distribuídos por distintos puntos da provincia e presta apoio directo a 134 proxectos emprendedores en diferentes fases de desenvolvemento.

Este ano, a dotación incrementeouse en máis de 26 % respecto ao exercicio anterior, unha suba que permite reforzar o funcionamento ordinario dos espazos e ampliar as actividades de acompañamento ás persoas usuarias. As achegas provinciais financian ata o 50 % dos orzamentos presentados por oito concellos e tres entidades sen ánimo de lucro que xestionan os centros.

En palabras do presidente provincial, Valentín González Formoso, “este incremento de fondos amosa con feitos a aposta da Deputación por un modelo de desenvolvemento baseado no apoio ao emprendemento local, que é fundamental para crear emprego e fixar poboación”. “Falamos de unha rede única en Galicia, pensada para dar resposta ás necesidades reais de cada terrritorio, con espazos especializados nos sectores estratéxicos de cada comarca”, explicou.

Os fondos están destinados a cubrir gastos de persoal técnico especializado, mantemento das instalacións e programación de accións de dinamización como obradoiros formativos, asesoramento individualizado, encontros empresariais e actividades de networking. O obxectivo é facilitar que as ideas emprendedoras poidan transformarse en proxectos sólidos, xeradores de emprego e riqueza no territorio.

Un dos espazos que exemplifica o dinamismo da rede é o Coworking A Pobra, que acolle actualmente 30 proxectos, a maioría en fase de preincubación. As instalacións ofrecen zonas de traballo compartido, salas de reunión, conexión a internet de alta velocidade e apoio técnico continuo, ademais dun programa de actividades adaptado ás necesidades reais das persoas emprendedoras.

Desde a súa creación en 2019, coa apertura do primeiro centro no Pazo de Arenaza (Oleiros), a Rede Provincial de Coworking non deixou de medrar, tanto en número de espazos como en impacto económico. Na actualidade, moitos dos centros están situados en ámbitos rurais e prestan servizo con alcance supramunicipal, contribuíndo á igualdade de oportunidades entre concellos e á fixación de poboación.

Ata o momento, máis de 600 persoas emprendedoras ou pequenos produtores utilizaron as instalacións da rede para impulsar iniciativas empresariais ou proxectos vinculados á transformación agroalimentaria e a sectores estratéxicos de cada comarca.

Con este novo reforzo orzamentario, a Deputación aposta por un modelo de desenvolvemento baseado no talento local, na innovación e na colaboración, fortalecendo o tecido produtivo provincial e xerando novas oportunidades laborais tanto no rural como nas áreas urbanas.

Na actualidade, a Rede está integrada por nove espazos de coworking: o Pazo de Arenaza (Oleiros), o LAB Barbanza con viveiro de empresas (Boiro), o Espazo A Proa (Ames), o coworking da Capela, o Centro de Emprendemento A Estación (Vedra), o Green Coworking (As Pontes), o Coworking A Pobra, o coworking Dixital CCompostela (Santiago) e a Casa do Pescador (Miño); así como por tres centros de transformación agroalimentaria: Transformando en Brión, o Centro de Transformación Agroalimentaria A Fusquenlla (Moeche) e o Centro de Transformación de Alimentos de Baroña (Porto do Son), especializados na transformación de produtos agrícolas, cárnicos, moluscos e peixes.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *