AD

deputacion da coruña

21 Resultados / Página 1 de 3

Fondo
AD

Deputación da Coruña

A Deputación ofrece 60 bolsas para que a mocidade estude inglés en Irlanda este verán

O programa, dirixido a alumnado de 1ª de Bacharelato, financia o 100% da estadía de catro semanas, incluíndo viaxes, aloxamento, formación, seguro e actividades, sen custo para as familias O prazo de solicitudes estará aberto do 9 ao 23 de abril na plataforma SUBTel da Deputación A Coruña, 7 de abril de 2026. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Educación e Mocidade, Yoya Neira, presentaron esta mañá o novo programa da Deputación da […]

today8 abril, 2026

Actualidad

A Deputación da Coruña reforza o apoio ao deporte con 8M€ en subvencións e 62 bolsas para deportistas

O deputado provincial do Deporte repasou en Radio Líder Santiago a Gala do Deporte, a Carreira dos 10.000 Peregrinos, o apoio ao deporte de base e distintas reivindicacións sobre infraestruturas e servizos en Oroso. Redacción, 20 de marzo de 2026.- O deputado provincial do Deporte da Deputación da Coruña, Antonio Leira, defendeu en Radio Líder Santiago a aposta da institución polo deporte de base, pola diversidade de disciplinas e por un modelo “máis inclusivo, máis variado e máis dinámico”. Durante […]

today20 marzo, 2026

Deputación da Coruña

A Deputación destina preto de medio millón de euros a 48 bolsas de investigación e perfeccionamento artístico

Convócanse 20 bolsas de investigación e 28 de perfeccionamento artístico de 10.000 euros cada unha A Coruña, 16 de marzo de 2026. A Deputación da Coruña abre hoxe o prazo para solicitar as súas bolsas destinadas a apoiar á mocidade da provincia na realización de proxectos de investigación e no perfeccionamento de estudos artísticos durante o curso 2026-2027. Ambas convocatorias suman un orzamento total de 480.000 euros para un total de 48 bolsas de 10.000 euros cada unha. Nos últimos anos, […]

today16 marzo, 2026

Comarca

Concello de Ames e Deputación da Coruña abordan a mellora do campo de fútbol do Milladoiro

Blas García e Valentín González Formoso visitaron as instalacións a finais do ano 2025 e volveron reunirse este ano para abordar a súa mellora de cara o ano 2027 García destaca o apoio da Deputación da Coruña aos concellos medianos: “grazas ao Plan Único e aos convenios que asinamos podemos investir en melloras para a nosa veciñanza” Alcalde e presidente abordaron tamén o avance dos proxectos comúns que se están desenvolver entre a Deputación da Coruña e o Concello de […]

today7 marzo, 2026

Deputación da Coruña

O POS+ da Deputación financiou case 1.300 obras nos concellos da comarca de Santiago

O presidente da Deputación reclama á Xunta que incremente a un mínimo de 200 millóns de euros o Fondo de Cooperación Local “para aliviar as necesidades económicas dos concellos” A deputada de Plans, Cristina García, destaca que “a creación do Plan Único foi un cambio de paradigma e da forma de entender a colaboración municipal” Ordes recibiu máis de 15,4 millóns de euros desde a creación do plan e financiou 54 obras no municipio Ordes, 6 de marzo de 2026. […]

today5 marzo, 2026

Actualidad

A Deputación reforza a Rede Provincial de Coworking con máis de 213.000 euros e 134 proxectos activos

https://www.youtube.com/watch?v=eVqle-VlFLs A Deputación da Coruña consolida en 2026 o seu compromiso co emprendemento local cun investimento de 213.534,29 euros destinado á xestión e dinamización da Rede Provincial de Coworking, integrada no Plan de Emprego Local (PEL). A rede conta actualmente con 12 centros activos distribuídos por distintos puntos da provincia e presta apoio directo a 134 proxectos emprendedores en diferentes fases de desenvolvemento. Este ano, a dotación incrementeouse en máis de 26 % respecto ao exercicio anterior, unha suba que […]

today5 marzo, 2026

Comarca

Rianxo levará ao Pleno a cesión de terreos á Deputación para a Casa de Maiores

  O Executivo local someterá á consideración do Pleno da Corporación a cesión, á Deputación da Coruña, dos térreos necesarios para a construción dunha das tres Casas de Acompañamento aos Maiores que a Deputación promove na provincia, inspiradas nos modelos europeos de quinta xeración implantados en países como Dinamarca, Suecia ou os Países Baixos. A parcela obxecto a ceder localízase a carón do Instituto de Educación Secundaria Félix Muriel e conta con aproximadamente 8.000 metros cadrados, dos cales 5.300 son […]

today19 febrero, 2026

Destacado

Xosé Regueira: “A nosa enogastronomía é o Silicon Valley do rural galego”

O vicepresidente da Deputación da Coruña e deputado de Turismo aposta por un turismo de calidade, sostible e planificado a longo prazo, alerta dos retos organizativos do eclipse do 12 de agosto e defende o produto local como motor económico do territorio. O vicepresidente da Deputación da Coruña e responsable da área de Turismo, Xosé Regueira, fixo balance da presenza provincial en feiras profesionais como Hospitality Innovation Planet, Madrid Fusión ou Fitur, onde a provincia exhibe músculo gastronómico, innovación e […]

today18 febrero, 2026

Comarca

O Pino destina máis de 410.000 euros do POS+ á mellora de estradas municipais

• Vanse executar catro proxectos para mellorar estradas municipais en varias parroquias • No Plan complementario inclúese o reforzo do firme na saída da autovía de Salceda a Boavista cun orzamento de 97.788 euros • Aprobado o convenio con Touro e Boimorto para solicitarlle á Xunta un obradoiro dual de emprego para formar 20 alumnos en actividades auxiliares en conservación e mellora e montes O Pino. 4-2-2026.- O Pleno do Concello do Pino acordou destinar 410.281,67 euros executar obras dos […]

today4 febrero, 2026

AD