AD

Actualidad

A edil socialista Mila Castro lamenta o abandono do emblemático quiosco do Toural

today7 septiembre, 2024

Fondo
share close
AD
  • Lembra que goberno local se comprometera a establecer unha concesión pública a raíz dunha moción que presentaran os socialistas ao pleno da corporación
  • “Lamentamos que, unha vez máis, as boas palabras da señora Sanmartín se queden niso; nun titular de intencións”, critica

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2024. Despois de 113 anos, o quiosco do Toural puxo fin á súa actividade histórica o pasado mes de outubro do 2023, logo de que os seus xestores anunciasen que, por cuestións de viabilidade económica, non seguirían á fronte do emblemático local da rúa Nova. Agora, case un ano despois do seu peche, o Grupo Municipal Socialista abronca ao goberno local por incumprir a palabra dada cando, próximo ao seu peche, a alcaldesa anunciara unha licitación pública para garantir a continuidade do establecemento.

“Lamentamos que, unha vez máis, as boas palabras da señora Sanmartín se queden niso; nun titular de intencións”, asegura a edil socialista, Mila Castro, quen lembra que o quiosco, agora en desuso, foi durante o século pasado un “faro cultural”, cunha ampla, “e única”, oferta de diarios internacionais e revistas especializadas. Neste sentido defende que este trátase xa dun “emblema” da cidade e que “forma parte da propia identidade do casco histórico” polo que, insiste, desde o Concello “temos a responsabilidade de mantelo e protexelo”.

Lembra a socialista que xa no pleno do mes de outubro do 2023 os socialistas levaran ao pleno da Corporación unha moción instando ao goberno local a adquirir a propiedade do quiosco -que era propiedade da familia da, ata entón, xestora do negocio-, así como a establecer unha concesión pública que garantise un uso comercial das instalacións, preservando o negocio histórico e incluíndo outras liñas de negocio “axeitadas ás demandas da veciñanza do casco histórico”. Unha moción que, lembra, foi aprobada por unanimidade.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%