AD

Actualidad

A EFA Piñeiral de Arzúa clausura o curso académico dos ciclos formativos

today23 junio, 2025

Fondo
share close
AD

A promoción 2023-2025  dos ciclos de formación profesional das familias formativas de comercio e marketing, panadaría, repostaría e confeitaría, educación infantil e  a promoción 2024-2025 do ciclo de coidados auxiliares de enfermaría da Efa Piñeiral recibiron a imposición de becas durante o acto de clausura da Efa Piñeiral celebrado hoxe en Arzúa.

O evento, no que se deron cita 400 persoas, congregou ó alumnado, ó equipo directivo e docente, á presidenta e directivos da Asociación Efa Piñeiral e a representantes das máis de 400 empresas colaboradoras co proxecto educativo do centro. No acto, ademáis de procederse á entrega dos diplomas acreditativos e imposición de becas, unha representación do alumnado resumiu nas súas intervencións as actividades académicas que conformaron o seu itinerario formativo ó longo do ciclo; visitas e viaxes técnicas, participación en feiras e encontros sectoriais, festas gastronómicas,  participación en obradoiros,  e estadías de formación en empresas en cada trimestre.

Mallo Rodríguez, responsable de Alas Educación destacou, na súa intervención como representante das empresas colaboradoras na formación do alumnado, a importante bagaxe que o alumnado adquire no centro, “Na Efa Piñeiral non só vos forman para unha profesión, prepáranvos para a vida”.

Enrique Rodríguez, vicepresidente das Efas de Galicia,  alentou ó alumnado a traballar arreo para gañar os dous futuros que teñen por diante  “o voso propio futuro profesional e o do voso territorio. O rural precisa talento o vos sodes ese futuro”.

Daniel Moscoso do Concello de Arzúa, clausurou o acto remarcando o doce momento que vive a formación profesional e o importante papel que no territorio desenvolven os profesionais.

Ampliación da oferta formativa para o curso 25-26

Dende o vindeiro setembro a Efa Piñeiral vai impartir dous novos ciclos formativos; o ciclo superior de hixiene bucodental en modalidade presencial e réxime concertado coa Xunta de Galicia, e o ciclo medio semipresencial virtual privado de coidados auxiliares de enfermaría. Estas dúas novas accións formativas súmanse á actual oferta do centro conformada polos  ciclos superiores de educación infantil e márketing e publicidade e os  ciclos medios de actividades comerciais, panadaría e pastelaría e auxiliar de enfermaría.

O centro formativo  xa  está a recibir solicitudes de información e admisión para o vindeiro curso académico.O prazo para a presentación de  solicitudes de admisión en periodo ordinario dos ciclos concertados remata o 02 de xullo ás 13.00 horas, manténdose aínda aberta a admisión para o ciclo virtual de auxiliar de enfermaría ate o 31 de xullo.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *