AD

Arte y Cultura

A Escola Municipal de Música de Ames celebra o seu vinte aniversario con nova imaxe corporativa

today18 noviembre, 2024

Background
share close
AD

Ames, 16 de novembro de 2024.- A Aula 10 do Centro multifuncional de Aldea Nova acolleu este venres, 15 de novembro, o acto de celebración do vinte aniversario da Escola Municipal de Música de Ames. Durante o transcurso do acto presentouse a nova imaxe corporativa da EMMA, que foi deseñada pola deseñadora gráfica, Doli Folgar. Houbo diferentes actuacións a cargo do alumnado de linguaxe musical, agrupación de guitarras e Anxo Villanueva, grupos de violíns, frautas, piano, combo de voces e guitarras. Con motivo do vinte aniversario estase traballando nunha programación específica que se publicará proximamente.

O 15 de novembro de 2004 botou a andar a Escola Municipal de Música de Ames. Vinte anos despois o Concello de Ames vén de celebrar un acto conmemorativo no que se presentou a nova imaxe corporativa da EMMA. Dito acto celebrouse este pasado venres, 15 de novembro, coincidido co día no que facía 20 anos da creación deste servizo municipal. O evento celebrouse na Aula 10 do Centro multifuncional de Aldea Nova.

O acto estivo presidido polo alcalde de Ames e responsable da Escola Municipal de Música de Ames, Blas García, que estivo acompañado de Xosé Manuel Fernández, concelleiro de Cultura no ano 2004 cando se puxo en marcha a EMMA, representantes dos grupos municipais con representación na Corporación municipal, a directora da Escola Municipal de Música, Pilar Martínez, a deseñadora da nova imaxe corporativa da EMMA e pertencente á empresa Fotoegrafica, Doli Folgar; e maila técnica municipal encargada da Escola de Música, Almudena Caamaño.

O grupo de linguaxe musical abriu o acto cunha actuación. A continuación, a directora da EMMA, Pilar Martínez, que exerceu de presentadora, deulle a benvida aos asistentes e presentou á creadora da nova imaxe corporativa. Tamén houbo actuacións musicais a cargo da  agrupación de guitarras e Anxo Villanueva; dos grupos de violíns, frautas e piano; e do combo de voces xunto ao grupo de guitarras.

O alcalde, Blas García, e mailo concelleiro de Cultura no ano 2004 cando se puxo en marcha a EMMA, Xosé Manuel Fernández, reflexionaron sobre a importancia da Escola Municipal de Música no concello, os logros acadados nestes 20 anos e o compromiso co futuro. Deste xeito agradeceron a implicación de todos os alcaldes, técnicos de cultura e concelleiros implicados na consolidación da EMMA ao longo destas dúas décadas, todos eles de distintos signos políticos.

Nova imaxe corporativa da Emma

Doli Folgar, a deseñadora, explicou en detalle o proceso de creación da nova identidade corporativa da EMMA:

“Cando tivemos a primeira entrevista de traballo para o encargo da nova marca, as premisas foron moi claras: un deseño creativo, atractivo, que perdure no tempo, tanto coma o seu predecesor e que conviva en sintonía con “20 aniversario” a lo menos durante este curso de celebracións.

Nesa entrevista Almudena comentábame que os alumnos refírese a escola municipal de música de Ames por EMMA, o seu acrónimo. Encantoume, e comezamos a traballar por aí. Conscientes do cariño que a xente ten pola escola é facéndoos partícipes deste novo camiño. Gustábame ese punto de familiaridade pero tamén quería engadir elegancia e valor á Institución.

O proceso creativo foi moi natural, dos primeiros bocetos xa naceu esta opción que foi a escollida entre as tres presentadas, e que paso a describir brevemente.

As partes destacables deste logo son o “E”, pentagrama, a tipografía e a Cor. O E, inspirado nunha “chave de sol” e o pentagrama son os elementos gráficos mais representativos, ámbolos dous inspiran música e son. Co tempo, agardamos que o “E” sexa o símbolo da escola. Neste traballo era prioritario que “Emma” fora lexible dada a súa localización (enriba do pentagrama).

A escolla da tipografía é importante porque suma e transmite. Neste traballo era prioritario que “Emma” fora lexible dada a súa localización (enriba do pentagrama) Escollemos unha tipo con remates, que transmite experiencia e institucionalidade. Ademais, cos seu trazos, conseguimos esa lexibilidade necesaria en tamaños de reproducción pequenos e dotamos de categoría e elegancia á marca. Esta tipografía, curiosamente, chámase “Cantata” (traducido: cantada). A partir da escolla desta tipo traballamos o grosor dos trazos do “E” para conseguir a harmonía entre os dous elementos.

Incluímos o texto denominativo “Escola Municipal de Música de Ames” para aquelas persoas que non están tan familiarizadas coa nomenclatura de “EMMA”, escollemos a Helvética por ser tamén unha tipografía extremadamente lexible. É ademais, unha tipografía moderna, de deseño limpo, e que encaixa co carácter institucional que buscamos. Aplicamos un estilo fino para que non pesara na composición e darlle o protagonismo xustiño.

Por último o uso da cor: Dende o seu inicio, este era para min, un logo en branco e negro. As partituras, as notas todo me falaba de negro sobre branco. Deste xeito funciona perfectamente, pero…engadindo cor, abrimos un novo abanico que representa a diversidade do alumnado, dos mestres e das materias e con iso nos queremos quedar…

En xeral e un logo de liñas sinxelas, elegante e musical que agardo de todo corazón que vos guste e dure outros 20 anos”.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%