AD

Actualidad

A Estrada celebrará a XII Feira da Sidra o sábado 7 de xuño

today26 mayo, 2025

Fondo
share close
AD

Adquirindo o vaso conmemorativo desta edición a 7 euros, poderá degustarse a sidra dos 24 lagares participantes.

A Estrada, 26 de maio de 2025.- Concello da Estrada e Asociación Maceira e Sidra traballan estes días de xeito coordinado nos últimos preparativos que comporta a organización da XII Feira da Sidra, que se celebrará na Praza da Constitución o sábado 7 de xuño. O edil de Promoción Económica, Óscar Durán, confirmou hoxe a implicación da hostalería local para acompañar a degustación de sidra de diferentes tapas e racións pensadas coma unha boa maridaxe cos caldos que ofrecerán os 24 lagares presentes na cita.

Segundo os datos que barallaba hoxe o edil, serán unha decena de postos os que se instalarán nun extremo do recinto, previsiblemente no lado oposto ao palco da música.

Todos eles ofrecerán tapas a un prezo de 4 euros e racións a 7 euros, quedando á súa elección se son propostas salgadas ou doces.

• Malo Será. Terá tapa de Fajita de polo, por 4 euros.
• A Casa do Pan. O seu serán dúas tapas (4€ cada unha): Empanada de carne e
torta de mazá.
• O Candil de Silvia. Tamén escolle dúas tapas: Cochinita asada tipo pibil e Flan de
queixo.
• Velis Nolis. Kokotxas con fabes (ración, 7€), Fideua de choco e gamba (tapa e
ración) e mexillóns con vinagreta de sidra (tapa e ración).
• Río Liñares. Ensaladilla (tapa) e Bocata pulled pork á sidra (ración).
• A Fogaza. Bolo preñado (tapa).
• O Lar. Tortilla española (tapa) e Bocadillo de xamón asado (ración).
• A Artesa. Terá dúas tapas: pizza e empanadilla de mazá.
• A Riala: Arroz con cogomelos (tapa e ración).
• A Lacena de Chucha: callos e fabada (tapas e racións).

Durán explicou que a organización está contemplando agora a posibilidade de poñer tamén en venta anticipada os tickets de tapas e racións, ao obxecto evitar ou reducir as colas. Precisou que, en todo caso, esta venta limitaríase aos establecementos que participan na Feira da Sidra o día 7.

Vasos xa á venda

Neste senso, cómpre sinalar que a venta anticipada dos vasos que se empregarán este ano na degustación de sidra está xa en marcha dende o pasado sábado. O mércores volverá estar operativa, xa que os vasos facilitaranse (a un prezo de 7 euros cada un) no Novo Mercado os días de feira, tanto nas xornadas do mércores como nas do sábado.

De xeito individual, cada persoa que teña un destes vasos poderá consumir, as veces que desexe, de todas as sidras presentes nesta gran mostra. Este ano hai récord de participantes, con 24 lagares de cinco países.

Cómpre indicar que a degustación da hostalería limitarase ao horario matutino da feira, de 12.00 a 15.00. A tarde resérvase unicamente a saborear a sidra dos diferentes lagares presentes, dende as 19.00 ata as 21.00. Nas dúas partes da feira haberá ambientación musical, de mañá a cargo de Os Bregadiers e Señora DJ e, pola tarde, con Rebelda Band e Fanfarria Takikardia. Ademais, xa contando coa iniciativa privada, haberá tardeo na Rúa Serafín Pazo, cubrindo o tempo sen actividade na Praza da Constitución.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *