AD

Comarca

A falta de apoios ao plan estratéxico xeral fai perigar as subvencións en Dodro

today16 septiembre, 2024

Fondo
share close
AD
  • Os votos en contra de Xente de Dodro e Unión Veciñal de Dodro, xunto coas abstencións de BNG e PP, fan que entidades como Cáritas ou o Club Deportivo Dodro queden sen as axudas comprometidas

Dodro, 13 de setembro do 2024 – Onte tivo lugar o pleno ordinario de setembro no concello de Dodro. Hai que salientar puntos como a aprobación da Conta Xeral do 2023, ata tres mocións relativas á suba do canon de SOGAMA, dúas sobre transporte público e a non aprobación do Plan Estratéxico de Subvencións do concello.

Foi precisamente a non aprobación do Plan Estratéxico de Subvencións o que fai perigar as axudas comprometidas con entidades como Cáritas, a Fundación Rosalía de Castro, as comisións de festas, distintos deportistas ou o Club Deportivo Dodro entre outras ebtidades. O Plan Estratéxico é un documento que compromete o modelo de axudas municipais e que o goberno socialista de Dodro presentou cunha vixencia de tres anos. Nel quedan definidos os tipos de axudas, a súa tramitación e publicación e os posibles beneficiarios.

Os votos en contra de Xente de Dodro e Unión Veciñal de Dodro, xunto coas abstencións de BNG e PP, fan que as axudas comprometidas polo goberno municipal non poidan saír adiante no presente ano.

Conta Xeral

O equipo de goberno de Dodro conseguiu sacar adiante a Conta Xeral 2023 a `pesar das dificultades e do voto en contra de Xente de Dodro, que se repetiu en todos os puntos do pleno.

SOGAMA

O pleno debateu ata tres mocións sobre a suba do canon de SOGAMA; unha do equipo de goberno, PSOE; outra do PP e unha máis do BNG. Socialistas e nacionalistas criticaban a suba do canon mentres que populares defendía a súa necesidade e culpaba ao goberno central do incremento. Os nacionalistas apostaron tamén por un cambio de modelo que camiñara cara a reciclaxe. As do PSOE e BNG foron aprobadas mentres que a do PP foi rexeitada polo pleno.

Transporte

Tamén o transporte público tivo unha especial presenza no pleno con dúas mocións de BNG e Partido Popular. Ambas as dúas foron aprobadas e no debate quedou reflectido que se trata dun debate recorrente. Unidade veciñal lembroulle ao PP que en novembro levaran a pleno unha moción similar e pouco despois o BNG lembráballe a Unidade Veciñal que en abril xa a levaran eles tamén.

Máis sorprendente foi o papel de Xuntos por Dodro quen expresou a súa contrariedade porque o PP na moción “instara á Xunta”. Non foi a única vez xa que en distintos momentos do pleno Xente por Dodro defendeu as actuacións da Xunta de Galicia mesmo máis que o propio Partido Popular.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%