AD

Actualidad

A feira medieval de Padrón alcanza a maioría de idade con máis de 80 expositores

today3 julio, 2025

Fondo
share close
AD
  • A XVIII Feira Medieval medra en actividades, implicación cidadá e proxección cultural coa sinatura dun irmandamento co municipio andaluz unido polo trovador Macías o Namorado.

Padrón prepárase para unha das edicións máis especiais da súa Feira Medieval, que do 4 ao 6 de xullo encherá as rúas de maxia, música, teatro itinerante, obradoiros e espectáculos para todas as idades. Esta XVIII edición, “na que a feira acada a maioría de idade”, como destacou Chus Campos, concelleira de Turismo, Festas e Autoconcello, inclúe unha novidade histórica: o acto de irmandamento co municipio andaluz de Arjonilla, vencellado tamén ao poeta medieval Macías o Namorado.

“Queremos darlle unha identidade propia á feira, e este ano o eixo é o noso vínculo con Arjonilla, onde morreu Macías e onde tamén celebran unha feira medieval”, explicou Campos na entrevista con Álvaro Veiga. O acto protocolario celebrarase o venres no salón de plenos, cunha representación institucional de ambos concellos. A concelleira salientou que “esta colaboración busca que xurdan cousas boas para todos”.

O evento reunirá máis de 80 expositores e contará cunha programación variada: concertos como o de Xoán Curiel, espectáculos de rúa como Troula Subumbra e os Personaxes de Luz, actividades infantís, batucadas, exposición de coches clásicos e ata un Sacho Selfie co que interactuar polas redes. O sábado haberá tamén un concurso de decoración medieval entre os comercios locais: “Queremos que toda a vila se implique e viva o espírito medieval”, afirmou.

A feira servirá como preludio ás celebracións do Santiaguiño, que este ano estenderanse durante toda a semana do 18 ao 25 de xullo. Aínda que non se celebrará o festival Asnot, “teremos actividades alternativas moi atractivas, sobre todo para o público familiar”, avanzou Campos.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *