AD

Actualidad

A Festa do Galo Piñeiro e a Mostra Cabalar do Pino acolle unha exhibición de Freestyle Motocross

today31 julio, 2024

Fondo
share close
AD
  • Pedro Moreno, catro veces campión de España, e Greg Rowbotton ofrecerán en O Pino un espectáculo cheo de emoción e adrenalina
  • A cita será o sábado, día 3, ás 19.00 horas no recinto da feira cabalar da rúa Mollaos
  • Ao finalizar o evento, o público poderá facerse fotos e pedir autógrafos aos protagonistas         

O Concello de O Pino celebra esta fin de semana a edición número 23 da Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar, unha cita que inclúe obradoiros, actividades infantís, degustación de galo, o tradicional xantar popular e a feira ‘Artesanía no Camiño’. Entre as diferentes propostas coas que conta o amplo programa deste ano, destaca a exhibición de Freestyle Motocross que terá lugar xa o sábado día 3 ás 19:00 horas na rúa Mollaos.

Pedro Moreno, catro veces campión de España de Freestyle Motocross, e Greg Rowbotton, recoñecido piloto de renome internacional campión da Copa España, traerán toda a súa habilidade e valentía a O Pino para ofrecer unha exhibición que deixará abraiados a todos os asistentes.

O espectáculo incluirá saltos e acrobacias extremas que desafían a gravidade a máis de 23 metros de distancia e 14 metros de altura, convertendo as gradas do recinto da mostra cabalar da rúa Mollaos no epicentro da emoción e da adrenalina. Ademais, a exhibición complementarase cunha posta en escena con efectos de luz e son, así como música en directo cun speaker, co obxectivo de crear unha experiencia audiovisual completa. Haberá trucos como backflips, superman, tsunamis… nun show que terá unha hora de duración e que está dirixida tanto á cativada como a persoas adultas.

Ao finalizar o espectáculo, o público poderá facerse fotos e pedir autógrafos aos protagonistas.

Este evento é parte da programación da tradicional Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar, unha cita anual que celebra a nosa cultura e tradicións e que o mesmo sábado acolle ademais o concerto de Ailá e da Banda de Música de Arca a partir das 20.00 horas.

O domingo, día 4, celébrase a tradicional feira de galos e galiñas piñeiras vivas (10.00 horas), coa degustación gratuíta de galo piñeiro (13.00 horas). A mostra cabalar desenvolverase dende ás 09.30 horas co comezo das inscricións e ás 18.30 horas darase a coñecer o premio Faísca ao mellor cabalo ou egua de pura raza española nado e criado en Galicia. As 20.30 horas comezará o espectáculo Paco Martos Horse Show.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%