Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today6 noviembre, 2024
«Todo o mundo está a convidado a visitar Arzúa nesta 50 edición da Festa do Queixo, unha edición que busca que a veciñanza sexa a protagonista»
A tradicional Festa do Queixo do prepárase para unha celebración especial en 2025 ao conmemorar os seus 50 anos de historia promovendo a cultura queixeira, a tradición e o sabor da rexión. Este fito contará cunha renovación visual que marca un antes e un despois na historia do evento: a presentación dun novo logotipo conmemorativo que simboliza cinco décadas de traballo, compromiso e paixón polo queixoartesanal, sen esquecernos da parte musical que tan arraigada está a esta festa.
O novo logo foi creado especialmente para a ocasión por Daniel Camino, un veciño do concello que se dedica ao deseño gráfico.
A Festa do Queixo, que se converteu nun punto de encontro para amantes do queixo, levarase a cabo os días 14, 15 e 16 de marzo de 2025. Durante tres días, os visitantes poderán gozar dunha variada oferta de actividades que incluirán degustacións, o concurso de tapas polos bares da vila, talleres para os máis pequenos, charlas, así como música e actividades culturais que enriquecerán a experiencia de todos os asistentes.
Con esta edición tan especial, a Festa do Queixo quere reafirmarse como un evento imperdible no calendario de actividades culturais e gastronómicas, e unha cita obrigada para aqueles que desexen coñecer e experimentar o auténtico sabor dos queixos rexionais (tanto galegos como doutras partes de España e do mundo) nun ambiente festivo e familiar.
O alcalde de Arzúa, Xesús Carril, expresaba o seguinte sobre esta 50ª edición: “Queremos que veña moita xente de fóra, pero que sexa fundamentalmente unha festa para a nosa veciñanza”.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)