AD

Comarca

A fibra óptica chega a novas parroquias de Arzúa tras un ano de traballo

today25 abril, 2025

Fondo
share close
AD

Arzúa, 24 de abril de 2025 – O Concello de Arzúa continúa a avanzar na mellora da conectividade no rural. Un ano despois do inicio das actuacións para o despregamento da fibra óptica, o servizo de internet de alta velocidade está xa operativo en boa parte do municipio, facilitando o acceso á rede a moitas veciñas e veciños que antes carecían deste recurso fundamental.

As actuacións levadas a cabo permitiron ofrecer servizo en diversas parroquias como Dodro, O Campo, Couto, Calvos, Viladavil, Viños e Branzá, mellorando as condicións de vida e facilitando o acceso ao teletraballo, á educación, á comunicación e á conexión da industria gandeira, un dos motores económicos da comarca.

A pesar destes avances, aínda existen vivendas e zonas máis illadas nas que o servizo non está dispoñible. O Concello está a traballar para ampliar progresivamente a rede de fibra óptica e garantir que ninguén quede atrás.

Estamos moi satisfeitos cos avances que se conseguiron este último ano. A fibra óptica é hoxe un servizo básico, que permite traballar, estudar ou simplemente manter o contacto co mundo. O noso compromiso é claro: queremos que todas as parroquias conten cun acceso digno a internet”, declarou Daniel Moscoso Sixto, concelleiro de Xuventude, Infancia e Novas Tecnoloxías.

Desde o Concello valórase positivamente a colaboración coas empresas instaladoras e coas administracións competentes para superar os desafíos técnicos e asegurar unha implantación eficaz.

A conectividade dixital do rural é unha prioridade estratéxica deste goberno, convencido de que a igualdade de dereitos e oportunidades tamén pasa por garantir o acceso a servizos tecnolóxicos de calidade en todo o municipio.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *