AD

Comarca

A lei avala o proxecto da planta en Cacheiras mentres o Concello propón ubicala no futuro polígono industrial

today10 abril, 2026

Fondo
share close
AD

O Concello de Teo celebrou onte un pleno extraordinario cun único punto na orde do día: a instalación dun centro xestor de valorización de residuos non perigosos na parroquia de Cacheiras. A sesión estivo marcada pola explicación do goberno local, a intervención da veciñanza e o debate sobre o encaixe legal do proxecto.

Durante o pleno, deuse voz a unha representante da plataforma veciñal contraria á iniciativa, aínda non constituída formalmente, que trasladou a preocupación existente entre residentes da zona pola posible implantación da planta.

A alcaldesa detallou o estado do expediente e lembrou que o proxecto conta cunha autorización da administración autonómica. A rexedora insistiu en que o goberno municipal “sempre estivo ao carón da veciñanza” e reiterou que, de depender exclusivamente do executivo local, a localización da planta trasladaríase ao futuro polígono industrial e non ao emprazamento actual.

En relación coa tramitación administrativa, a alcaldesa explicou que o Concello optou por non responder ao requirimento da Xunta de Galicia, que solicitaba un informe de viabilidade urbanística da parcela. Segundo indicou, esta estratexia buscaba provocar o arquivo do procedemento, en liña con actuacións similares realizadas noutros casos, como o da canteira de Casalonga.

Porén, desde o punto de vista legal, o arquitecto municipal subliñou durante a sesión que a normativa autonómica é clara. En concreto, a Lei Galega do Solo, no seu artigo 35 relativo aos usos en solo rústico, permite instalacións para a xestión e tratamento de residuos inertes neste tipo de terreos. O técnico municipal avalou así as explicacións ofrecidas pola alcaldía.

Ademais, o goberno local destacou que os informes emitidos pola administración autonómica foron elaborados por persoal técnico funcionario con responsabilidade xurídica, conforme á lexislación vixente.

No ámbito ambiental, a Xunta estableceu unha serie de condicións para garantir o correcto desenvolvemento da actividade, incluíndo medidas correctoras. Segundo se indicou, a empresa promotora leva máis de dúas décadas desenvolvendo actividades industriais.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *