AD

Comarca

A licitación a mellora da rede de augas pluviais no Parque Novo Milladoiro

today4 julio, 2025

Fondo
share close
AD

O orzamento base de licitación ascende a 53.463,02 euros, máis o correspondente IVE de 11.227,23 euros, o que fai un total de 64.690,25 euros. Este proxecto foi aprobado por unanimidade no pleno ordinario do pasado mes de xuño

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, dixo que “coa execución deste proxecto intentaremos minimizar os problemas de asolagamento de auga que se producen na parte baixa do parque empresarial Novo Milladoiro e no colexio de Ventín”

Ames, 4 de xullo de 2025.- A Xunta de Goberno Local vén de aprobar este xoves, 3 de xullo, o expediente de contratación, mediante procedemento aberto simplificado abreviado, tramitación ordinaria, co único criterio de adxudicación de prezo, da licitación de obras de mellora da rede de evacuación de augas pluviais no polígono industrial de Novo Milladoiro. Trátase dunha actuación cofinanciada pola Xunta de Galicia, concretamente pola Consellería de Economía e Industria. O orzamento base de licitación ascende a 53.463,02 euros, máis o correspondente IVE de 11.227,23 euros, o que fai un total de 64.690,25 euros. Este proxecto foi aprobado por unanimidade no pleno ordinario do pasado mes de xuño.

O pasado 5 de xuño de 2025 o Concello e Ames recibiu a notificación da Consellería de Economía e Industria pola que se lle concede unha subvención para a habilitación e mellora de infraestruturas do seu parque empresarial, ao abeiro da Orde do 7 de xaneiro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, dixo que “coa execución deste proxecto intentaremos minimizar os problemas de asolagamento de auga que se producen na parte baixa do parque empresarial Novo Milladoiro e no colexio de Ventín”.

O proxecto conta cun presuposto total de execución de 150.000 euros. O investimento subvencionable ascende a 64.690 euros. A subvención que se lle foi concedida ao Concello de Ames ascende a 51.752 euros, que representa o 80% do orzamento total do proxecto. O importe restante, que son é subvencionable de 85.310 euros, será asumido pola EPEL Augas de Ames.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *