AD

Actualidad

A ministra de Vivenda anuncia que o 100% da vivenda do Peleteiro será a prezo accesible

today19 junio, 2025

Fondo
share close
AD

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibiu este xoves no Pazo de Raxoi a ministra de Vivenda, Isabel Rodríguez, para manter un encontro de traballo no que Concello e Ministerio acadaron o acordo de que o 100 por cen das vivendas que se construirán na parcela do antigo colexio Peleteiro serán “100 por cen a prezo asequible”. Na reunión, tamén participaron a tenenta de alcaldesa, María Rozas, e o concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Iago Lestegás, así como a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas.

Tras o encontro, a alcaldesa e a ministra deron conta dos asuntos abordados. Deste xeito, informaron de que a parcela de vivenda de Peleteiro formará parte xa do parque público de vivenda en canto culmine o proceso de traspaso dos bens da Sareb á nova Empresa Pública de Vivenda, que segundo os prazos ofrecidos pola ministra será nas próximas semanas, entre os últimos días de xuño e os primeiros de xullo.

Goretti Sanmartín destacou o compromiso do Ministerio de Vivenda coa parcela do antigo Peleteiro desde a entidade pública, porque “é unha peza fundamental no corazón do Ensanche”. Tamén explicou a importancia da vivenda a prezo accesible con “criterios de equilibrio, terrirorial e ambiental” e sinalou a relevancia da “función social da vivenda”, principio que partillan ambas administracións.

Isabel Rodríguez destacou os “pasos importantes” que deu o Concello nesta parcela coa aprobación inicial da modificación do planeamento neste ámbito. “Ministerio e Concello poñémonos a traballar para o diseño, edificación, construción e posta a disposición da cidadanía”, manifestou. Así, o 45% terá da vivenda que se constrúa na parcela será protexida, condición xa recollida no planeamento aprobado, e a empresa de vivenda incluirá que o 55% restante tamén será vivenda a prezo accesible, de maneira que “o 100 por cen das viviendas que vamos promover serán 100 accesibles e protexido de por vida”.

Colaboración institucional

Na súa intervención, a alcaldesa de Santiago valorou a visita da ministra de Vivenda como un “recoñecemento implícito ao papel de vangarda que está a exercer o Concello nas políticas municipais de vivenda” e incidiu na importancia da colaboración institucional. “Creo que esta visita vén confirmar que somos vangarda nas políticas municipais de vivenda”, asegurou a rexedora, quen agradeceu “sinceramente á ministra que se desprazase a Santiago para coñecer directamente o plan de medidas que deseñamos para frear a alza de prezos e os proxectos orientados a resolver a falta de vivenda en condicións dignas para a nosa veciñanza”.

Sanmartín puxo o foco nas dificultades para acceder a unha vivenda. “Contar cunha vivenda digna e a un prezo accesible é a principal preocupación da nosa veciñanza. Esta carestía non é casual: é o resultado de tratar a vivenda como un negocio e non como un dereito básico que as administracións teñen a obriga de garantir”, sinalou.

Sinatura no Libro de Honra

Con motivo da visita, e coa presenza da alcaldesa e membros de toda a corporación no Pazo de Raxoi, a ministra de Isabel Rodríguez asinou no Libro de Hona do Concello, no que agradeceu a súa prsenza para «falar do importante, a vivenda».

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *