Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today19 marzo, 2026
19 de marzo de 2026.- A asociación de veciños Os Labregos de Abellá, en colaboración co Concello de Frades, organiza a duodécima edición da Festa da Filloa, que terá lugar este sábado 21 de marzo no pavillón municipal de Abellá. Unha celebración que arrincará ás 13:30 horas coa tradicional degustación de filloas e un menú composto por caldo galego, filloas, lacón, rixóns e café. O prezo será o mesmo do ano pasado: 15 euros.
A música correrá a cargo do Dúo Acherizados, que se encargará da sesión vermú e que pola tarde volverá actuar acompañado polo grupo de gaiteiros Son da Terriña, da parroquia de Galegos, e do DJ JJ Compota. Así mesmo, haberá sorteos e inchables para as crianzas, con cantina atendida pola Comisión de Festas de Abellá.
A XII Festa da Filloa de Abellá está organizada pola Asociación de Veciños Os Labregos de Abellá, en colaboración co Concello de Frades, a Deputación da Coruña e a Mancomunidade de Ordes, ao abeiro do Terra Activa. Unha festa que cada ano atrae a centros de persoas debido ao bo facer das e dos filloeiros, así como ao traballo de todas as persoas voluntarias que participan en cada edición. Deste xeito, o ano pasado repartiron máis de 250 menús entre os centos de persoas asistentes.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)