AD

Comarca

A Policía Local da Estrada identifica a cinco persoas por vandalismo no mobiliario urbano

today29 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD
  • O corpo municipal remitirá o seu atestado ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción e á Fiscalía de Menores, pola implicación dunha persoa menor de idade.
  • Á espera dunha valoración económica máis detallada, estímase inicialmente que os danos rexistrados poden rondar os 12.000 euros.
  • Foron varios os puntos afectados pola acción vandálica, caso dun tótem publicitario en Calvo Sotelo, a fonte da Porta do Sol, un pivote luminoso na Rúa do Cruceiro e varios árbores e xardineiras.

A Estrada, 29 de setembro de 2025.- A Policía Local da Estrada ten identificadas a cinco persoas en relación aos actos vandálicos que esta fin de semana se cebaron co mobiliario urbano en distintas rúas da capital estradense. O corpo policial remitirá o atestado ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución e á Fiscalía de Menores, xa que unha das persoas que foron identificadas no acada a maioría de idade.

O alcalde estradense, Gonzalo Louzao, contactou esta mañá a primeira hora co xefe da Policía Local para coñecer de preto como avanza a investigación, aberta logo de contactar con varias persoas que presenciaron os feitos. Aínda que será ao peche do atestado policial cando se coñeza con maior detalle a canto ascenden os danos rexistrados, as estimacións iniciais apuntan a cifras que rondan os 12.000 euros. A contía superior a os 400 euros fai que estes feitos poidan ser constituíntes dun presunto delito de danos.

Foron varios os puntos onde se rexistraron actos vandálicos nas últimas horas. Un deles foi a peonil rúa Calvo Sotelo, onde quedou esnaquizado un tótem publicitario da Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE). A maiores, a Policía Local contabiliza importantes danos na fonte existente na Porta do Sol, nun pivote luminoso da Rúa do Cruceiro e tamén en diversos árbores e xardineiras. Estes últimos elementos foron obxecto desta acción vandálica xusto cando veñen de seren repostas as súas plantas.

Aínda que a Policía Local teña identificadas a cinco persoas non implica que sexan cinco os autores materiais destes danos. O grado de implicación de cada unha delas será unha cuestión que se dirimirá segundo avance o procedemento.

“A Policía Local fixo o seu traballo”, apuntou hoxe o alcalde, que remarcou a existencia de testemuñas que poden contribuír a que as persoas que están detrás de estes danos ao mobiliario urbano e, polo tanto, ao patrimonio público, respondan polas súas accións. “Sería un delito de danos graves polo seu importe”, sinalou o rexedor local, que non ocultou que este tipo de actitudes “entristece moito aos que queremos ter unha vila tranquila e embelecida”.

Puxo o acento o xefe do executivo local en que dende o Concello se vén realizando un importante esforzo por mellorar a limpeza e estética das rúas estradenses e que os actos vandálicos botan por terra o traballo de mantemento. No esqueceu o alcalde agradecer a colaboración cidadá que foi necesaria para a identificación destas persoas e animou a que esta implicación se manteña polo ben común.

“Evidentemente, non hai nin pode haber un policía en cada esquina e momento e todos precisamos colaborar para que poidamos ter unha vila tranquila e coidada, procurando que estes actos non se repitan e estas estampas poidan quedar no anecdótico”, manifestou Gonzalo Louzao.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *