Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today17 marzo, 2026
Dita persoa tiña pendente unha requisitoria dun Xulgado de Pontevedra de busca e detención para o seu ingreso en prisión. Unha vez identificado foi trasladado ao posto principal da Garda Civil do Milladoiro para que continúe coas correspondentes dilixencias
O alcalde, Blas García, felicitou aos axentes e destacou o gran traballo que realizan a diario para facer de Ames un dos concellos máis seguros de Galicia: “A súa labor fai que os veciños e veciñas de Ames vivamos un pouco máis tranquilos”
Ames, 17 de marzo de 2026.- A Policía Local de Ames dá conta dunha actuación realizada hoxe, 17 de marzo, a través da cal se identificou a unha persoa, que tiña pendente unha requisitoria dun Xulgado de Pontevedra de busca e detención para o seu ingreso en prisión. Unha vez identificado foi trasladado ao posto principal da Garda Civil do Milladoiro para que continúe coas correspondentes dilixencias.
A Policía Local de Ames identificou esta mañá a unha persoa que estaba en busca e detención para o seu ingreso en prisión. A actuación tivo lugar este martes, 17 de marzo, ás 11.15 horas, cando os axentes da Policía Local estaban facendo un servizo de patrulla pola avenida da Maía, en Bertamiráns.
Neses intres os axentes decatáronse da presenza dunha persoa que circulaba pola estrada nun patinete eléctrico no cal levaba unha motoserra, motivo polo cal se lle deu aviso para que detivese a súa circulación. Unha vez identificado por parte dos axentes, procedeuse a súa detención debido a que tiña pendente unha requisitoria dun Xulgado de Pontevedra de busca e detención para o seu ingreso en prisión.
Posteriormente, foi trasladado ao posto principal da Garda Civil do Milladoiro, para que continúe coas correspondentes dilixencias, e para comprobar se o patinete eléctrico e maila motoserra foron acadados tras cometer un furto.
O alcalde, Blas García, felicitou aos axentes e destacou o gran traballo que realizan a diario para facer de Ames un dos concellos máis seguros de Galicia: “A súa labor fai que os veciños e veciñas de Ames vivamos un pouco máis tranquilos”.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)