AD

Actualidad

A praza da Mahía acolle este sábado o show de tango “Azúcar, pimienta y sal”

today11 junio, 2024

Fondo
share close
AD

A velada, presentada por Isabel Blanco, contará coa actuación de cantantes, bailaríns e músicos referentes do mundo do tango

Terá lugar o sábado 15 de xuño, ás 20:30 horas, na praza da Mahía de Bertamiráns

Ames, 11 de xuño de 2024.– Este sábado, 15 de xuño, ás 20:30 horas, terá lugar na praza da Mahía de Bertamiráns o show de tango “Azúcar, pimienta y sal”. A velada, presentada por Isabel Blanco, contará coa actuación de cantantes, bailaríns e músicos referentes do mundo do tango. En caso de choiva,  trasladarase á Casa da Cultura de Bertamiráns.

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, organiza un novo espectáculo para amenizar os seráns de verán. Esta nova proposta terá lugar o sábado 15 de xuño, ás 20:30 horas, na praza da Mahía de Bertamiráns. Porén, en caso de previsión meteorolóxica adversa, trasladarase  á Casa da Cultura.

“Azúcar, pimienta y sal”

Os cantores de tango Héctor Rial e Enrique Migliarini, acompañado polo cuarteto “Sueño de Arrabal” presentan o seu novo espectáculo “Azúcar, pimienta y sal: show de tango”, que conta cun amplo repertorio no que se conxugan tangos, valses e milongas de onte, hoxe e sempre. Ao espectáculo tamén se suman bailaríns, abarcando así todas as expresións deste xénero musical.

Ademais de Rial e Migliarini, integran este show os músicos Jorge Foscaldo, Alejandro Sabo, Leandro Amoroso e Javier Abel; e os bailaríns Jorge Bernúdez, Cruz Tonade e Karina More.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%