AD

Actualidad

A presión do PSOE logra que o goberno compostelán atrase a entrada en vigor da taxa turística

today18 julio, 2025

Fondo
share close
AD

O PSdeG considera unha rectificación necesaria a decisión do Goberno de Sanmartín atrasar a implantación da taxa turística ata o 1 de outubro, tras días de presión e advertencias por parte do grupo socialista.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2025. O voceiro do Grupo Municipal Socialista, Gumersindo Guinarte, valorou hoxe positivamente o anuncio do Goberno Municipal de retrasar ata o 1 de outubro a posta en marcha efectiva da taxa turística.

Segundo Guinarte, “esta era a proposta que viñamos defendendo nos últimos días os socialistas en Santiago, ata o punto de anunciar que emendaríamos a proposta do Goberno se non se aceptaba retrasar a posta en marcha efectiva da taxa”.

O voceiro socialista sinalou que “non tiña sentido, non era razoable, que a taxa turística entrase en vigor no mes de agosto polo nivel de altísima ocupación que teñen os establecementos hoteleiros e que non se deixase logo un mínimo tempo razoable para que os establecementos, sobre todo os pequenos e medianos establecementos, puidesen adaptarse para a xestión deste novo tributo”.

Neste sentido, Guinarte celebrou a decisión do executivo que lidera Goretti Sanmartín, cualificándoa como “, rectificación na liña do que nos viñamos demandando e que fará posible unha implementación e unha implantación razoable deste novo tributo en beneficio da cidade”.

O grupo socialista lembra que a taxa turística pode ser unha ferramenta útil para a cidade, sempre que se implante con planificación, diálogo co sector e sentido común.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *