AD

Actualidad

A Rúa das Rodas contará cun paso de peóns elevado á altura da Galiña Azul

today4 febrero, 2025

Fondo
share close
AD

Xesús Domínguez detallou que este proxecto, que acaba de ser aprobado pola Xunta de Goberno co obxectivo de mellorar a accesibilidade peonil á Galiña Azul de San Roque, “responde á escoita activa dos sectores implicados, os pais e nais, e da ANPA desta escola infantil que hai anos viñan demandando un paso seguro”, xa que na actualidade o tránsito escolar ten que facerse a través do paso de peóns da Porta do Camiño ou ao de San Roque, “xenerando situacións de inseguridade”.

O concelleiro explicou que esta actuación consistirá na construción dun “paso de peóns elevado con plataforma única onde se vai recuperar a cota das beirarrúas, creando unha zona de preferencia peonil”, así como na mellora das instalacións da rede de pluviais, cun soterramento da nova recollida de augas baixo o novo paso, e na renovación do mobiliario urbano na entrada da escola.

Segundo o edil, esta actuación permitirá “aumentar a seguridade, dar preferencia aos peóns, facendo que os vehículos teñan que ir cunha velocidade máis pausada” pola rúa das rodas.

Esta actuación, que contará con 66.209,99 euros de orzamento e un prazo de execución de tres meses, “é totalmente coherente e compatible coa filosofía do conector central e vaise executar de forma coordinada entre todos os departamentos”.

Ademais, como indicou Xesús Domínguez, esta intervención súmase a outras deste tipo «como a que se vai levar a cabo na rúa dos Loureiros, na que tamén se fará un paso de peóns elevado que vai facilitar e garantir a seguridade do paso escolar entre as escaleira de San Roque e a ruela da Estila”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *