AD

seguridade

25 Resultados / Página 1 de 3

Fondo
AD

Comarca

A Concellería de Acción Urbana de Arzúa impulsa novas medidas para reforzar a seguridade viaria na N-547

Arzúa, 3 de agosto de 2026.- Begoña Balado mantivo contactos coa Demarcación de Estradas e coa Delegación do Goberno para impulsar actuacións inmediatas que melloren a seguridade peonil no casco urbano arzúan. A Concellería de Acción Urbana do Concello de Arzúa informa de que nos primeiros días do mes de agosto está previsto o inicio de diversas actuacións de mellora da seguridade viaria na travesía da estrada N-547 ao seu paso polo núcleo urbano, tras as xestións realizadas pola concelleira […]

today3 agosto, 2026

Comarca

Arzúa reitera ao Ministerio a urxencia de mellorar a seguridade viaria na N-547

O Concello solicita por terceira vez unha reunión coa Dirección Xeral de Estradas e reclama medidas inmediatas para mellorar a seguridade viaria e reducir o tráfico de paso que soporta diariamente a travesía O Concello de Arzúa volveu solicitar unha reunión urxente coa Dirección Xeral de Estradas para abordar a situación da N-547 ao seu paso polo municipio e avanzar na adopción das actuacións necesarias para mellorar a seguridade viaria. Trátase da terceira comunicación formal que o Concello remite ao […]

today27 julio, 2026

Comarca

Abalde destaca o traballo conxunto da Garda Civil e a Policía Local para garantir a seguridade en Rianxo

A taxa de criminalidade sitúase en 29,37 delitos por cada mil habitantes, moi por debaixo das medias provincial, galega e estatal. A Xunta Local abordou tamén a coordinación do dispositivo das Festas da Guadalupe 2026 e os datos do Plan Director e do sistema VioGén. Rianxo, 9 de xuño de 2026.- O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, copresidiu hoxe a Xunta Local de Seguridade de Rianxo xunto ao alcalde do Concello, Julián Bustelo, nun encontro no que se […]

today9 junio, 2026

Destacado

A Policía Nacional incorporará 40 axentes para reforzar a seguridade en Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e o subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, presidiron a Xunta Local de Seguridade convocada para repasar os detalles do dispositivo especial por mor do festival O Son do Camiño 2026. Na xuntanza, na que tamén participou o concelleiro de Convivencia, Xan Duro, avaliáronse os últimos datos sobre seguridade cidadá e tomouse coñecemento do próximo reforzo de efectivos da Policía Nacional en Compostela. A alcaldesa reiterou que “a seguridade cidadá é un tema […]

today3 junio, 2026

Destacado

Criminalidade | O PP acusa ao goberno de “mirar para outro lado” e o executivo responde: “Santiago non é o Bronx”

BNG, PSOE, Compostela Aberta e PP discrepan sobre a interpretación dos datos de criminalidade en Santiago mentres medra a preocupación social por roubos, pelexas e sensación de inseguridade na cidade. A seguridade cidadá converteuse este luns nun dos principais focos de confrontación política en Santiago de Compostela durante unha nova edición do programa “Hai Debate”, de Radio Líder Santiago. O incremento dos delitos rexistrados na cidade, especialmente os roubos con violencia e as pelexas, provocou un intenso intercambio de argumentos […]

today27 mayo, 2026

Actualidad

Santa Marta e Mallou: os dous puntos quentes que dividen aos políticos de Compostela

  O programa Hai Debate de Radio Líder Santiago puxo enriba da mesa dúas das cuestións que máis preocupación xeran na cidade: o incremento da criminalidade e o impacto social do macroproxecto urbanístico de Mallou. A seguridade cidadá e o futuro urbanístico de Santiago centraron un intenso debate político no programa Hai Debate de Radio Líder Santiago, no que participaron representantes do BNG, PP e PSdeG-PSOE. A tertulia deixou dúas visións claramente enfrontadas sobre a situación actual da cidade: mentres […]

today6 mayo, 2026

Destacado

A droga regresa con forza a Santa Marta: «Non é só un problema do barrio, é de todo Santiago»

A Plataforma Santa Marta Segura denuncia unha “reversión total” da situación no barrio e reclama máis actuación institucional fronte ao aumento do consumo e tráfico de drogas en Santiago A entrevista concedida por José Manuel López Vilas, membro fundador da Plataforma Santa Marta Segura, en Radio Líder Santiago volveu poñer sobre a mesa unha problemática que semellaba parcialmente controlada: o repunte do consumo e tráfico de drogas no barrio compostelán de Santa Marta. Segundo explicou o portavoz veciñal, a situación […]

today4 mayo, 2026

Actualidad

PP e PSOE acusan ao bipartito de «neglixente» e este responde: «Acudide á xustiza»

O programa Hai Debate de Radio Líder Santiago abordou esta semana un balance do pleno extraordinario do pasado venres, centrado no pago das horas extra de policías locais e bombeiros, e unha segunda parte dedicada á situación das zonas industriais da capital, coa falta de solo empresarial e o novo Parque Empresarial da Lavacolla como principais temas de discusión. Participaron Pilar Lueiro (BNG), Marta Abal (PSOE), María Rozas (Compostela Aberta) e Olaya Otero (PP), representantes dos catro grupos con representación […]

today24 noviembre, 2025

Actualidad

O incendio en Pontepedriña prende de novo o debate político

As primeiras dúas edicións do espazo Hai Debate, en Radio Líder Santiago, deixaron en evidencia a intensidade política que se vive na capital galega. Nestes encontros, os portavoces municipais discutiron sobre o incendio do pasado sábado en Pontepedriña e a situación do parque de bombeiros, así como os orzamentos 2026 da Xunta de Galicia destinados á capital. Participaron Manuel César (BNG), María Baleato (PP), Marta Abal (PSOE) e María Rozas (Compostela Aberta). Seguridade e bombeiros: un incendio en Pontepedriña que reavivou […]

today17 noviembre, 2025

AD