AD

Comarca

A segunda edición de Baila con Ames conta con preto de 80 participantes

today26 junio, 2025

Fondo
share close
AD

 

A xornada de selección vaise celebrar no Milladoiro este sábado, 28 de xuño, ás 18.00 horas. Nesta fase, o xurado seleccionará un máximo total de 21 participantes entre todas as categorías. Tras todas as exhibicións, comunicarase a listaxe de persoas clasificadas para a fase final. As persoas clasificadas poderán enviar ata o 14 de xullo a pista musical escollida para a derradeira exhibición

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca que “esta segunda edición do Baila con Ames está espertando unha gran expectación como demostran os datos de participación con 77 persoas inscritas e superando a participación da primeira edición. Este ano hai varias novidades como son que cada bailarín só poderá participar nunha única actuación por categoría e creamos unha categoría máis con respecto ao ano pasado que é a de parellas e tríos”

Ames, 26 de xuño de 2025.- Este sábado, 28 de xuño, bota a andar a segunda edición do concurso Baila con Ames. Farao coa fase de preselección, que se vai a celebrar dende ás 18.00 horas, nas pistas deportivas que se atopan ao carón da Casa da Cultura do Milladoiro. Están inscritos un total de77 participantes, que estarán divididos nas categorías individual, parellas ou tríos (dirixida a formacións de 2 ou 3 persoas como máximo) e grupos (para formacións de mínimo 4 persoas e un máximo de 12). Nesta fase, o xurado seleccionará un máximo total de 21 participantes entre todas as categorías. Tras todas as exhibicións, comunicarase a listaxe de persoas clasificadas para a fase final. As persoas clasificadas poderán enviar ata o 14 de xullo a pista musical escollida para a derradeira exhibición.

Arranca a segunda edición do concurso Baila con Ames coa xornada de selección que se vai celebrar no Milladoiro este sábado, 28 de xuño, ás 18.00 horas. Nesta fase, o xurado seleccionará un máximo total de 21 participantes entre todas as categorías. Tras todas as exhibicións, comunicarase a listaxe de persoas clasificadas para a fase final. As persoas clasificadas poderán enviar ata o 14 de xullo a pista musical escollida para a derradeira exhibición.

O certame, organizado polo Concello de Ames e que conta coa colaboración da Asociación de Empresarios Novo Milladoiro e a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), tivo a súa estrea no verán de 2024 e gozou de gran acollida entre o público amesán. Cómpre lembrar que Nicolás Fuentes Romero e Balancé Lírica foron os gañadores individual/dúo e grupal da primeira edición deste certame.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca que “esta segunda edición do Baila con Ames está espertando unha gran expectación como demostran os datos de participación con 77 persoas inscritas e superando a participación da primeira edición. Este ano hai varias novidades como son que cada bailarín só poderá participar nunha única actuación por categoría e creamos unha categoría máis con respecto ao ano pasado que é a de parellas e tríos”.

Ademais, engadiu “este certame pretende dinamizar o sector comercial focalizando a atracción de posibles consumidores nas principais rúas comerciais, en colaboración coas asociacións empresariais máis representativas do concello. A finalidade é incrementar o consumo no comercio local atraendo a un maior número de persoas ao concello de Ames”.

Participación por categorías e premios

Están inscritos un total de77 participantes, que estarán divididos nas categorías individual, categoría de parellas ou tríos (dirixida a formacións de 2 ou 3 persoas como máximo) e categoría de grupos (para formacións de mínimo 4 persoas e un máximo de 12).

Na categoría individual hai 15 bailaríns/as inscritos/as; na segunda categoría hai inscritos 8 dúos ou tríos; e na terceira categoría participan 6 grupos de 4 a 12 persoas. Os/as participantes proceden de A Coruña, Lugo, Zas, Ferrol, Cee, Santiago e Ames. Ademais, cómpre destacar que nesta segunda edición só se admite un bailarín por categoría e non haberá distinción por idades ou niveis.

En canto aos premios, repartirase un total de 3.900 euros en premios. Na categoría individual repartiranse 800 euros: 500 euros para o primeiro premio, 200 euros para o segundo e 100 euros para o terceiro. En canto á categoría de parellas ou tríos, repartiranse en total 1.300 euros: os gañadores do primeiro premio recibirán 1.000 euros, mentres que o segundo premio serán 200 euros e, finalmente, 100 euros para o terceiro premio. Por último, na categoría de grupos repartiranse 1.800 euros: para o primeiro premio destinaranse 1.500 euros, mentres que a contía para o segundo e terceiro premio serán 200 e 100 euros respectivamente.

Ademais das contías económicas, os gañadores do primeiro premio de cada categoría recibirán unha cesta saudable composta por produtos locais e de tempada, xunto cun vídeo que recollerá imaxes e momentos destacados do certame. Así mesmo, os gañadores de cada categoría comprometeranse a participar como actuación convidada nas Prebadaladas de Ames 2025.

Fase final e xurado

A fase final terá lugar en Bertamiráns o venres 18 de xullo, ás 18.00 horas. Nesta cita, os 21 seleccionados interpretarán un baile por categoría. O xurado emitirá o seu veredicto ao final da xornada. Cómpre destacar que non se admitirán cambios nos temas musicais fóra dos prazos establecidos.

O xurado é o mesmo que o da pasada edición, e está composto por tres profesionais do mundo da danza: Daniela Filloy Posada, profesora e instrutora de baile moderno, danzas urbanas, pilates e ioga; Magaly Balsa Vilas, profesora e instrutora de bailes latinos especializada neste estilo dende hai décadas; e María Iglesias Bermúdez, profesional con formación en amplos xéneros de danza como clásica, jazz contemporáneo ou ballet.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *