Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Preto de 80 artistas participaron este pasado venres, 18 de xullo, neste concurso celebrado no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Na categoría individual a gañadora foi Alba Mourelle, mentres que na categoría de grupos (para formacións de mínimo 4 persoas e un máximo de 12) as gañadores e gañadores foron Laura Marcote, Andrés Parga, Soraya Santos, Naiara Carrwira, Miriam Gómez e, de novo Alba Mourelle. Ademais, na categoría de parellas ou tríos creada nesta edición (dirixida a formacións de 2 ou 3 persoas como máximo) os gañadores foron Andrés Parga e Soraya Santos. Repartíronse un total de 3.900 euros en premios e seis vales de 100 euros cada un para gastar no comercio local. O xurado estivo formado por Daniela Filloy, Magaly Balsa e Dora Iglesias.
O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu este pasado venres, 18 de xullo, a segunda edición do concurso Baila con Ames. O certame, que está organizado polo Concello de Ames e que conta coa colaboración da Asociación de Empresarios Novo Milladoiro e a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), contou cunha participación de preto de 80 artistas procedentes de A Coruña, Lugo, Zas, Ferrol, Cee, Santiago e Ames.
Os 77 artistas participantes estiveron divididos nas categorías individual, categoría de parellas ou tríos (dirixida a formacións de 2 ou 3 persoas como máximo) e categoría de grupos (para formacións de mínimo 4 persoas e un máximo de 12). Na categoría individual houbo 15 bailaríns/as inscritos/as; na segunda categoría participaron 8 dúos e tríos; e na terceira categoría houbo 6 grupos de 4 a 12 persoas. Nesta segunda edición só se admitiu un bailarín por categoría e non houbo distinción por idades ou niveis.
Gañadores por categoría
Na categoría individual a gañadora foi Alba Mourelle, mentres que na categoría de grupos (para formacións de mínimo 4 persoas e un máximo de 12) as gañadores e gañadores foron Laura Marcote, Andrés Parga, Soraya Santos, Naiara Carreira, Miriam Gómez e, de novo Alba Mourelle. Ademais, na categoría de parellas ou tríos creada nesta edición (dirixida a formacións de 2 ou 3 persoas como máximo) os gañadores foron Andrea Parga e Soraya Santos. Arte e Movemento, de Cee, foron os grandes triunfadores da tarde, arrasando en todas as categorías cos primeiros postos.
En canto aos premios, repartíronse un total de 3.900 euros en premios. Na categoría individual repartíronse 800 euros: 500 euros para o primeiro premio, 200 euros para o segundo e 100 euros para o terceiro. En canto á categoría de parellas/tríos, repartíronse en total 1.300 euros: os gañadores do primeiro premio reciben 1.000 euros, mentres que o segundo premio é de 200 euros e o terceiro premio está dotado con 100 euros. Por último, na categoría de grupos repártense 1.800 euros: para o primeiro premio destínanse 1.500 euros, mentres que a contía para o segundo e terceiro premio é de 200 e 100 euros respectivamente.
Ademais, entregáronse dous premios especiais por categoría: o premio especial da Asociación de Empresarios Novo Milladoiro e mailo premio especial da Xuntanza de Empresarios de Ames. Cada un destes seis premios está dotado cun vale de 100 euros para gastar no comercio local.
Os gañadores do primeiro premio de cada categoría tamén recibiron unha cesta saudable composta por produtos locais e de tempada, xunto cun vídeo que recollerá imaxes e momentos destacados do certame. Así mesmo, os gañadores de cada categoría comprométense a participar como actuación convidada nas Prebadaladas de Ames 2025.
Xurado do Baila con Ames
Nesta edición o xurado estivo composto por tres profesionais do mundo da danza: Daniela Filloy Posada, profesora e instrutora de baile moderno, danzas urbanas, pilates e ioga; Magaly Balsa Vilas, profesora e instrutora de bailes latinos especializada neste estilo dende hai décadas; e Dora Iglesias Bermúdez, que dispón de formación en amplos xéneros de danza como clásica, jazz contemporáneo e ballet.
Clasificación Baila con Ames 2025
INDIVIDUAL
1- ALBA MOURELLE COSTA
2- RAÚL ROMERO SENDÓN
3- SERENA DIAZ TOBA
Premio especial
– XUNTANZA DE EMPRESARIOS DE AMES : ROSA ROJO ORÓNS
– ASOCIACIÓN EMPRESARIAL NOVO MILLADOIRO : PAULA NUÑEZ CARBALLEIRA
DÚOS/TRÍOS
1 – ANDRÉS PARGA GONZÁLEZ E SORAYA SANTOS SÁNCHEZ
2- RAÚL ROMERO SENDÓN E SERENA DÍAZ TOBA
3- NOA CARPENTE E ALESSA VALERIA CANCELO
Premio especial
– XUNTANZA DE EMPRESARIOS DE AMES : ALBA MOURELLE COSTA E ASHLEY SÁNCHEZ SANTAMARÍA
– ASOCIACIÓN EMPRESARIAL NOVO MILLADOIRO NOELIA TRIGO MARTÍNEZ E SUN YEONG SIM
GRUPAIS DE 4 A 12
1- LAURA MARCCOTE, ANDRÉS PARGA, ALBA MOURELLE, SORAYA SANTOS, NAIARA CARREIRA, MIRIAM GÓMEZ
2- SERENA DÍAZ TOBA, RAÚL ROMERO SENDÓN, SARA TABOADA, IARA CORUJO ASHLEY SANCHEZ, EMMA GONZÁLEZ, PAULA GARCÍA, SARA ARIAS, INÉS LIAÑO, ANDRÉ LIAÑO, LARA MOSQUERA
3- GIUCIANA ORECHA, ELSA DESDOS, EVA OTERO, UXÍA SUÁREZ, PEDRO PÉREZ, MARTINA BOADO, CATALLINE CARREIRA, LÍA CORTES, SOFÍA CARRACEDO
PREMIO ESPECIAL
– XUNTANZA DE EMPRESARIOS DE AMES: DANIELA POL, ANDREA MARTÍNEZ, ADEY BALADO, ELENA PAMPÍN, DANIELA REY, EMMA LORENZO, LUCAS BOADO, AITANA PÉREZ
– ASOCIACIÓN EMPRESARIAL NOVO MILLADOIRO: EMMA BEIRAS, RITA FERNÁNDEZ, ANDREA OTERO, NEREA RIAL, ALEXANDRA RIAL
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)