AD

Comarca

A V Feira do Monte contará con 22 expositores, exposicións, obradoiros e degustacións gastronómicas

today10 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

Nesta edición cóntase con 22 expositores confirmados que ofrecerán produtos como aceite, produtos a bases de castañas, mel, licores artesanais, produtos de fiado de la pura de ovella, embutidos, queixos, libros antigos e de segunda man, traballos creativos de téxtil natural, produtos de porco celta, produtos de artesanía, madeira torneada, lámpadas e cuncos de cera, cafés e tés, queixos de cabra, cestos feitos a partir de medula, produtos artísticos personalizados, arandos, xeles naturais e instrumentos de percusión.

Tamén haberá actuacións de música tradicional a cargo de grupos de Ames, exposicións permanentes, obradoiros e diversas degustacións nas que os visitantes poderán deleitarse cunha ampla gama de produtos gastronómicos. Ademais, haberá unha carpa para estar a cuberto e poder participar nas actividades programadas. Contarase con servizo de polbería de Juan Guerra para comer (racións de polbo, carne ao caldeiro, churrasco e bica)

Ames, 10 de novembro de 2025.- O Concello de Ames vai celebrar os días 15 e 16 de novembro, no campo da festa da parroquia de Trasmonte, a quinta edición da Feira do Monte “Tanto Monte, Monte Tanto”. O obxectivo é poñer en valor o monte galego e recuperar os oficios ligados ao monte a través dun escaparate excepcional dos oficios e dos produtos vinculados ao monte. Neste edición contarase con 22 expositores de diversas localidades de Galicia, 4 exhibicións permanentes, 3 obradoiros e diversas degustacións gastronómicas. Haberá unha carpa para estar a cuberto e poder participar nas actividades programadas. Durante as dúas xornadas non faltarán as tradicionais castañas asadas e maila música tradicional. Contarase con servizo de polbería para comer (racións de polbo, carne ao caldeiro, churrasco e bica).  Premendo nesta ligazón pódese consultar o programa completo da feira.

A Feira do Monte “Tanto Monte, Monte Tanto” segue medrando e xa chega á súa quinta edición. Así, un ano máis o campo da festa de Trasmonte acollerá este evento que nesta edición se desenvolverá ao longo de dúas xornadas, o sábado 15 de novembro, de 11.00 a 19.30 horas, e o domingo 16 de novembro, de 11.00 a 15.00 horas. O obxectivo principal desta iniciativa é poñer en valor o monte e os produtos e derivados que este nos ofrece.

Nesta edición cóntase con 22 expositores confirmados que ofrecerán produtos como aceite, produtos a bases de castañas, mel, licores artesanais, produtos de fiado de la pura de ovella, embutidos, queixos, libros antigos e de segunda man, traballos creativos de téxtil natural, produtos de porco celta, produtos de artesanía, madeira torneada, lámpadas e cuncos de cera, cafés e tés, queixos de cabra, cestos feitos a partir de medula, produtos artísticos personalizados, arandos, xeles naturais e instrumentos de percusión.

Tamén haberá actuacións de música tradicional a cargo de grupos de Ames, exposicións permanentes, obradoiros e diversas degustacións nas que os visitantes poderán deleitarse cunha ampla gama de produtos gastronómicos. Ademais, haberá unha carpa para estar a cuberto e poder participar nas actividades programadas. Contarase con servizo de polbería de Juan Guerra para comer (racións de polbo, carne ao caldeiro, churrasco e bica).

O concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo, explica que “con esta feira queremos poñer en valor os produtos do monte, o patrimonio natural e o aproveitamento sostible do monte. Esta feira é un expositor de produtos do monte, polo que temos moito coidado con que sexa unha feira xenuína e non interfiran nela produtos que non teñen relación coa materia prima do monte e coa produción sostible. Ademais, unha das marcas de identidade desta feira vai seguir sendo a gastronomía con degustación de castañas, chicharróns, hamburguesas, xabarín con castañas, mel, pan… e tamén haberá servizo de polbería para comer”.

Expositores participantes

Dende a organización destacan que están satisfeitos de que a feira vaia medrando en cada edición e se consolide como unha actividade de outono dentro da programación do Concello de Ames. Moitos dos expositores que participan nesta edición xa estiveron en edicións anteriores, unha clara mostra de que a feira se vai asentando e esperta interese entre moitas empresas relacionadas co sector forestal.

A feira contará con 22 expositores: Aceites Embruxo (aceite de oliva procedente dunha colleita artesá); Amarelante Sociedade Cooperativa Galega (elaboración de produtos a base de castañas, a  través da recuperación de castiñeiros abandonados); Apicultura Val do Dubra (alimentación a base do coidado das abellas e os seus produtos); Asociación Galega de Apicultura (desenvolvemento integral da apicultura galega); Barbudos cooperativa licoreira (elaboración de licores de forma artesanal); Cabanas Rural Asociación de Mulleres (recuperan a labor do fiado de la pura de ovella galega); Casa Curtis (embutidos de caza, avestruz, touro, cervo, xabarín, ademais de queixos artesáns e licores); Carlota Fraga Libreira (libros antigos e de segunda man); e Casperlota Atelier (traballos creativos con téxtil natural coma seda, la, algodón e yutes).

Tamén asistirán CienPorCel (criadores de porco celta en liberdade e comercialización de produtos extraídos de maneira natural); Cova de Abella (produtores de mel galega de xeito artesanal); D Rositas (escultura, xoias e ramos feitos á man a partir da reciclaxe de libros); José Manuel Prado (torneiro de profesión e vocación); Más Cera (fabricación de todo tipo de lámpadas e cuncos de cera); O mel de Inés (produción e elaboración do coñecido como mel de tarde); Origen (especialidade en cafés, tés, herbas, especias e froitos secos, a granel, de orixe e con sabor);  Queixería Gaia Gourmet (queixos de cabra con selo delicatessen elaborados de forma artesanal); Recuncho Artesán (a artesá Lourdes Suárez elabora cestos feitos a partir de medula); Taller de arte Comeluz (produción artística de produtos personalizados); Teo Berries (produción local de arandos de xeito natural e con múltiples variedades); Toxogel (xel natural a partires de extracción da flor do toxo, empregado para doenzas musculares); e Xosé Tuñas Percusión (taller artesán de instrumentos de percusión).

Exposicións permanentes e obradoiros

Por outra banda, haberá catro exposicións permanentes: do proceso de fiado de la de ovella galega, da Asociación Cabanas Rural; do torneiro José Manuel Prado; sobre a fabricación e reparación artesanal de instrumentos musicais con Xosé Tuñas Percusión; e de cestos feitos de medula, a cargo de Recuncho artesán Lourdes Suárez.

Tamén haberá tres obradoiros. O sábado 15 de novembro Luis do Río impartirá dous obradoiros: pola mañá de 12.30 a 13.30 horas ofrecerá un taller de cestería de láminas, mentres que pola tarde, de 17.00 a 18.30 horas, dirixirá o obradoiro Gaitas con herbas. O domingo 16, de 12.00 a 13.30 horas, impartirase o obradoiro de estampado con tintas naturais a cargo de Amoroteu.

Música e degustacións

O evento contará con diversas degustacións gastronómicas ofrecidas polo Concello de Ames, O sábado 15, de 12.30 a 13.30 horas, poderanse degustar as pizzas do monte de Sicilia in Boca. De 13.30 a 14.30 horas Discarlux ofrecerá hamburguesas de vaca de cría extensiva. O sábado pola tarde, de 18.30 a 19.30 horas, haberá outra degustación, neste caso será de xabarín con castañas a cargo do restaurante Onde Keiras. Ao longo da xornada do sábado tamén haberá degustación de castañas, de 12.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas. O domingo 16 haberá outras dúas degustacións: de doces do monte, a cargo de repostería Dolce e Bambini, de 12.00 a 13.00 horas; e de chicharróns de porco celta de Cienporcel, de 13.30 a 14.30 horas.

Ao igual que en edicións anteriores, este ano tamén se contará con música tradicional para amenizar as xornadas da feira. O sábado 15 haberá dúas actuacións: primeiro será a quenda do grupo As Pandereteiras da Costaneira, que actuará de 13:00 a 14:00 horas, e pola tarde A Requinta da Maía actuará de 18.30 a 19.30 horas. O domingo 16 será a quenda da agrupación Airiños do Paseo de Colón, que ofrecerá un pase musical de 12:30 a 14:30 horas.

Ás voltas cos cogomelos

Dentro da feira do monte tamén se inclúe unha saída para recoller cogomelos en Trasmonte que se vai a levar a cabo o sábado 15 de novembro. Para participar nesta actividade haberá servizo de autobús, con saída ás 11.00 horas desde a Casa da Cultura do Milladoiro e ás 11.15 horas desde o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. O autobús volverá ás 14.30 con parada en Bertamiráns e no Milladoiro. Pola tarde, de 16.00 a 18.30 horas, farase a identificación e exposición de cogomelos a cargo de persoal da asociación Brincabois.

Aproveitando a celebración deste evento, o domingo 16, ás 12.00 horas, no campo da festa de Trasmonte, farase a entrega de premios do V concurso de fotografía Enfoca Ames 2025.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *