Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today24 octubre, 2025
O alcalde de Ames e concelleiro de Turismo, Blas García, dixo que “o noso obxectivo é que esta Feira do Monte sexa a gran feira de referencia de Ames. Nós sempre dicíamos que en Ames non tiñamos unha feira de referencia e cremos que con esta iniciativa estamos enchendo ese baleiro. Ames dende fóra é coñecido polos dous núcleos urbanos que tempos, pero ademais temos que poñer en valor todo o rural que temos, por iso se celebra en Trasmonte para demostrar que se poden facer feiras de nivel en núcleos do rural”
O concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo, sinalou “o que pretendemos é poñer en valor os produtos do monte, o patrimonio natural e mailo aproveitamento sostible do monte. Ademais esta feira é un expositor de produtos do monte, polo que temos moito coidado con que sexa unha feira xenuína e non interfiran nela produtos que non teñen relación coa materia prima do monte e coa produción sostible. Tamén hai que destacar que pouco a pouco estamos entrando no circuíto de feiras de Galicia, que era un dos obxectivos marcados hai dous anos”
A técnica responsable da Aula da Natureza, Patricia Reboreda, explicou que “estamos moi contentos porque repiten a maioría das empresas e artesáns que participaron nas últimas dúas edicións, e ademais temos sete novo expositores, e incluso hai persoas que están chamando para interesarse en saber se poden participar. Este ano ampliamos o espazo de expositores e a variade de produtos que se van expoñer”
Ames, 24 de outubro de 2025.- O Concello de Ames presentou esta mañá a quinta edición da Feira do Monte “Tanto Monte, Monte Tanto”, que se celebrará os días 15 e 16 de novembro no campo da festa da parroquia de Trasmonte, co obxectivo de poñer en valor o monte galego e recuperar os oficios ligados ao monte. Será un escaparate excepcional dos oficios e dos produtos vinculados ao monte. Na actualidade xa se conta con 24 expositores confirmados e estase pendente de que se poida sumar algún máis. Haberá unha carpa para estar a cuberto e poder participar nas actividades programadas. Así mesmo, durante toda a xornada non faltarán as degustacións e maila música tradicional. Haberá servizo de polbería para comer (polbo, churrasco e doces).
A Feira do Monte “Tanto Monte, Monte Tanto” segue medrando e xa chega á súa quinta edición. Así, un ano máis o campo da festa de Trasmonte acollerá este evento que nesta edición de desenvolverá ao longo de dúas xornadas, o sábado 15 de novembro, de 11.30 a 19.30 horas, e o domingo 16 de novembro, de 11.30 a 15.00 horas. O obxectivo principal desta iniciativa é poñer en valor o monte e os produtos e derivados que este nos ofrece.
Na actualidade xa se conta con 24 expositores confirmados que ofrecerán produtos como mel, aceite, madeira torneada, instrumentos musicais, tecidos e teas naturas, tés, queixo, castañas, papel reciclado, viveiros forestais, cosmética e menciña natural. Tamén haberá actuacións de música tradicional a cargo de grupos de Ames, exposicións, obradoiros e diversas degustacións nas que os visitantes poderán deleitarse cunha ampla gama de produtos gastronómicos. Ademais, haberá unha carpa para estar a cuberto e poder participar nas actividades programadas.
A presentación do evento, que tivo lugar esta mañá, contou coa asistencia do alcalde de Ames e concelleiro de Turismo, Blas García; o concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo; a técnica responsable da Aula da Natureza, Patricia Reboreda; e maila técnica municipal do departamento de Turismo, Sonia Moure.
Feira do Monte, evento referente de Ames
O alcalde de Ames e concelleiro de Turismo, Blas García, dixo que “esta quinta edición da feira do monte xa consolida esta iniciativa, que comezamos a facer hai un tempo cun obxectivo menos ambicioso que na actualidade. Fomos vendo que as melloras que fixemos tiveron éxito, porque o ano pasado houbo unha grande afluencia de xente, tanto de expositores coma de público. O noso obxectivo é que esta Feira do Monte sexa a gran feira de referencia de Ames. Nós sempre dicíamos que en Ames non tiñamos unha feira de referencia e cremos que con esta iniciativa estamos enchendo ese baleiro. Ames dende fóra é coñecido polos dous núcleos urbanos que tempos, pero ademais temos que poñer en valor todo o rural que temos, por iso se celebra en Trasmonte para demostrar que se poden facer feiras de nivel en núcleos do rural”.
O concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo, sinalou “o que pretendemos é poñer en valor os produtos do monte, o patrimonio natural e mailo aproveitamento sostible do monte. Ademais esta feira é un expositor de produtos do monte, polo que temos moito coidado con que sexa unha feira xenuína e non interfiran nela produtos que non teñen relación coa materia prima do monte e coa produción sostible. Tamén hai que destacar que pouco a pouco estamos entrando no circuíto de feiras de Galicia, que era un dos obxectivos marcados hai dous anos. Agora os expositores que participaron na feira xa se interesen eles mesmos por volver participar e outros están chamando para interesarse. Ademais, unha das marcas de identidade desta feira vai seguir sendo a gastronomía con degustación de castañas, chicharróns, hamburguesas, xabarín con castañas, mel, pan… e haberá servizo de polbería para comer”.
Por outra banda, a técnica responsable da Aula da Natureza, Patricia Reboreda, explicou que “estamos ultimando o número de expositores que van participar este ano na feira do monte. Estamos moi contentos porque repiten a maioría das empresas e artesáns que participaron nas últimas dúas edicións, e ademais temos sete novo expositores, e incluso hai persoas que están chamando para interesarse en saber se poden participar. Este ano ampliamos o espazo de expositores e a variade de produtos que se van expoñer. Ademais, como en edicións anteriores teremos degustación e obradoiros. Este ano haberá un obradoiro de cestería de madeira, non de vimbio nin de palla, a cargo de Luis do Río, que é un cesteiro novo pero que recuperou esta forma de facer os cestos, e temos tamén un obradoiro de estampar con tintas naturais”.
24 expositores confirmados
Os 24 expositores que xa están confirmados ofrecerán produtos como mel, aceite, madeira torneada, instrumentos musicais, tecidos e teas naturas, tés, queixo, castañas, papel reciclado, viveiros forestais, cosmética e menciña natural. Tamén hai previstas tres actuacións de música tradicional a cargo de grupos amesáns; e exhibicións de torneado de madeira, elaboración de instrumentos musicais, e de tecido de la virxe de ovella galega.
Como en edicións anteriores farase unha exposición e identificación de cogomelos; así como degustación de castañas, xabarín con castañas, doces do monte e chicharróns de porco celta. Ademais, o domingo 16 farase a entrega de premios da quinta edición do concurso de fotografía Enfoca Ames; haberá obradoiros de cestería, estampación natural, gaitas de pallas e herbas, etc. Contarase con servizo de polbería para comer (polbo, churrasco e doces).
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)