AD

Comarca

A Xunta executará unha nova senda peonil entre Sergude e Rodiño, en Boqueixón

today28 agosto, 2025

Fondo
share close
AD
  • Allegue indicou que o proxecto desta senda se redactará este mesmo outono para poder licitar as obras o vindeiro ano e logo executalas

Boqueixón, 28 de agosto de 2025.-  A Xunta executará unha nova senda peonil  na estrada AC-960 entre Sergude e Rodiño, en Boqueixón, que suporá un investimento de case 750.000 €.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, deu conta hoxe desta actuación, cuxo proxecto se redactará en outono para poder licitar as obras o vindeiro ano e logo executalas.

Trátase dun novo itinerario cunha lonxitude de 1,3 quilómetros que comunicará os citados lugares deste municipio ao longo da estrada autonómica AC-960, reforzando a seguridade dos usuarios máis vulnerables das vías, é dicir, os peóns e ciclistas.

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, agradeceu a conselleira dita actuación:  “Estamos encantados tanto o equipo de goberno deste Concello como os veciños por esta nova senda peonil tan necesaria nun tramo de estrada tan transitada e chá. É un investimento importante pero fundamental“.

Así o rexedor local explicou: “Este tramo intermedio completa os 5 km da senda peonil que van dende o Polígono Industrial- Airexe, no límite de Santiago onde chega o bus urbano, ata a Escola Unitaria de Sergude. Pero o que nos ocupa é este tramo intermedio de 1,360 km que parte do Viaducto ata o Cruce de Lamas, dende Outeiro a Rodiño. Un camiño que enlazará cunha senda que está a facer o Concello pola estrada do Aeroporto hacia a parroquia de Vigo. O resultado será unha senda moi potente nunha das parroquias máis cercanas a Santiago. Ademais este tramo responde a unha vella demanda dos veciños da zona, que precisamente por elo hoxe nos acompañan aquí”.

Esta intervención súmase a outros tramos de sendas que a Xunta xa executou nesta mesma estrada AC-960, ao longo de 1,8 km, no treito que une A Susana-Polígono industrial-A Eirexe.

Estas actuacións enmárcanse no Plan de Sendas de Galicia, que permitiu construír máis de 300 km de itinerarios seguros e sostibles nas marxes das vías autonómicas en toda a comunidade. Na actualidade, o Goberno galego está a traballar xa na segunda fase deste plan para seguir estendendo as sendas noutros 120 km por toda Galicia.

Cómpre lembrar que este Plan de Sendas foi recoñecido o pasado ano nos premios europeos á excelencia na seguridade viaria da UE.

Allegue subliñou que “a Xunta continúa recuperando espazos para as persoas, para que poidan transitar de forma segura; e conectando o noso territorio baixo a marca da mobilidade sostible e segura”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *