Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today10 marzo, 2026
Tras pasar polo IES Luis Seoane de Pontevedra, o CPI Virxe da Saleta de San Cristovo de Cea, o IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos e o IES Cacheiras en Teo, Radio Líder emite este mércores 11 de marzo a quinta edición do formato Fala que Fala desde o IES Castelao, en Vigo.
O programa, realizado en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, desenvolverase entre as 10:00 e as 12:00 horas nunha edición especial cargada de música, humor, entrevistas, xogos e unha destacada participación do alumnado. Durante dúas horas, o centro educativo converterase nun espazo de encontro para a celebración da lingua galega, cunha programación dinámica e participativa que terá o galego como fío condutor dunha mañá pensada para gozar, compartir e poñer en valor o noso idioma.
O convidado de honra desta edición será o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que participará nunha das entrevistas do programa que realizará parte do alumnado.
Fala que Fala continúa así o seu percorrido por distintos puntos de Galicia, consolidándose como un proxecto de referencia na promoción e no prestixio do galego entre a xente nova.
O evento conta coa colaboración de Seguridade A1, Daveiga e Dezasete Media.
Escrito por Líder Redacción
abel caballero fala que fala galego galicia ies castelao radio lider secretaría xeral da lingua



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)