play_arrow

keyboard_arrow_right

Listeners:

Principales oyentes:

skip_previous skip_next
00:00 00:00
playlist_play chevron_left
volume_up
  • cover play_arrow

    Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela

galego

30 Resultados / Página 1 de 4

Destacado

O CPR San Xosé de Cluny acolle este martes o derradeiro ‘Fala que Fala’ da tempada

A oitava e última edición da tempada de “Fala que Fala”, o formato radiofónico de Radio Líder que se ten consolidado como unha referencia entre a mocidade, chega a Santiago de Compostela este martes 5 de maio. O programa emitirase en directo desde o CPR San Xosé de Cluny, entre as 10:00 e as 12:00 horas, nunha edición especial cargada de música, humor, entrevistas e xogos, cun papel protagonista para […]

today4 mayo, 2026

Destacado

López Campos reivindica o “momento cultural extraordinario» e reprocha que Santiago «non aproveita o seu potencial”

O titular de Cultura, Lingua e Xuventude destaca a eclosión creativa da mocidade, aposta pola descentralización cultural e defende o diálogo institucional en proxectos clave como a Ribeira Sacra ou o patrimonio compostelán O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, José López Campos, asegurou durante a súa primeira visita aos estudos de Radio Líder Santiago que Galicia vive “un momento extraordinario no ámbito cultural”, marcado por […]

today27 abril, 2026

Actualidad

43 anos despois, Astarot segue berrando: «Moléstanos que nos vexan como algo do pasado»

Astarot mira ao futuro sen renunciar á súa esencia: “Somos galegos, somos rock, somos verdade” https://www.youtube.com/watch?v=Ptpr54ahBcs&list=RDPtpr54ahBcs&start_radio=1 A banda Astarot continúa a escribir a súa historia con paso firme tras máis de catro décadas enriba dos escenarios. Na entrevista mantida en Radio Líder Santiago con Juan Antepazo (voz) e José Manuel Piedra (batería), o grupo reivindica non só a súa traxectoria, senón tamén unha filosofía que segue viva: a liberdade creativa, […]

today8 abril, 2026

Educación

Fala que Fala visita o IES Castelao de Vigo

Tras pasar polo IES Luis Seoane de Pontevedra, o CPI Virxe da Saleta de San Cristovo de Cea, o IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos e o IES Cacheiras en Teo, Radio Líder emite este mércores 11 de marzo a quinta edición do formato Fala que Fala desde o IES Castelao, en Vigo. O programa, realizado en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, desenvolverase entre as 10:00 e […]

today10 marzo, 2026

Actualidad

O galego gaña espazo nas apps: «Waze ou Tinder xa empregan a nosa lingua»

Valentín García defende a presenza da lingua galega en todos os ámbitos, desde a intelixencia artificial ata a vida cotiá, e aposta polo consenso político para reforzar a súa promoción A presenza do galego na tecnoloxía, o impulso á súa normalización social e a importancia de chegar ás novas xeracións centraron boa parte da conversa mantida co secretario xeral da Lingua, Valentín García, nunha entrevista radiofónica na que debullou os […]

today6 marzo, 2026

Actualidad

Acisclo Manzano, escultor: “Houbo tempos nos que non se podía falar galego, pero seguía estando dentro de nós»

Acisclo Manzano repasa en Radio Líder unha traxectoria vital e artística marcada pola coherencia, o amor á terra e a creación sen concesións O escultor Acisclo Manzano foi o protagonista dunha entrevista tan didáctica como emotiva no programa Fala que Fala de Radio Líder, realizada polos alumnos e alumnas do CPI Virxe da Saleta en Cea, Ourense. Un encontro interxeracional no que o creador, con 86 anos e máis de […]

today29 enero, 2026

Comarca

A estrea do documental “Promover o galego dende o local” destaca os proxectos de Ames a favor do galego

O documental “Promover o galego dende o local” puido visualizarse por primeira vez ao público xeral este luns, 17 de novembro, no auditorio do Milladoiro. A peza, financiada polo Concello de Ames e producida por Nós Televisión,  pon en valor as iniciativas que se levan desenvolvendo estes últimos anos en Ames para impulsar e promover o uso do galego en amplos ámbitos Tanto o alcalde de Ames, Blas García, como […]

today18 noviembre, 2025

Fala que Fala

David Amor, convidado este martes no ‘Fala que Fala’ dende o IES Luís Seoane de Pontevedra

O espazo radiofónico de Radio Líder promove o uso do galego entre a mocidade cunha emisión en directo chea de humor, música e participación estudantil. O programa Fala que Fala de Radio Líder, coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, fará parada este martes 11 de novembro en Pontevedra para emitir unha edición especial desde o IES Luís Seoane. De 10:00 a 12:00 horas, o centro educativo converterase nun espazo […]

today10 noviembre, 2025

Destacado

A Xunta permitirá por primeira vez na historia examinarse de galego desde calquera parte do mundo

O secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia anuncia exames telemáticos do Celga e defende que en Galicia “non hai conflito lingüístico, hai convivencia” Redacción, 15 de outubro de 2025.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, defendeu esta semana nunha entrevista radiofónica que o galego vive “un bo momento de vitalidade e prestixio” e que o reto actual é “seguir fomentando o seu uso con naturalidade, especialmente […]

today14 octubre, 2025