AD

Actualidad

Aberta a exposición «O traxe popular galego» na hospedería de San Martín Pinario

today31 mayo, 2025

Fondo
share close
AD

O salón de peregrinos da Hospedería de San Martín Pinario acolleu este venres  a inauguración da exposición “O traxe popular galego”, que organiza a Asociación do Traxe Galego co galo do seu trinta aniversario. A exposición estará aberta ata o 15 de xuño, en horario de 11:30 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 de luns a venres, e nas fins de sema de 11:30 a 20:30 con horario ininterrompido.

A mostra reúne  entre quince e vinte traxes antigos completos, ou semicompletos, das catro provincias galegas. Máis de 100 prendas testemuñas reais xuntas no mesmo lugar. Asimesmo, conta con réplicas exactas de prendas antigas, das que só se ten coñecemento por fotos ou porque o seu estado de deterioro non permite que sexan expostas.

A clave deste actividade está na palabra antigo. Trátase de traxes datados entre o século XVIII, XIX e principio do XX que responden ás características máis representativas do vestir das clases populares das distintas comarcas galegas neste período histórico e que permiten ter unha perspectiva real e mesmo física da verdade da indumentaria de Galicia.

A mostra outorga unha representatividade especial á cidade de Compostela e á súa contorna por medio dos traxes de brillantes, unha xoia da indumentaria pouco coñecida.

Relatorios sobre o traxe

Alén da exposición tamén se farán unha serie de faladoiros arredor do traxe, a cargo de especialistas na materia, os días 6, 7 e 8 de xuño no mesmo lugar da exposición.

Todas estas actividades completaranse con  máis faladoiros e obradoiros que terán lugar de setembro a decembro nos centros socioculturais composteláns, así como cuns recortables que se editarán no mes de setembro para a cativada co fin de achegala ao mundo do traxe e cunha exposición de fotografías e carteis arredor do día do Traxe Galego, que este ano se prevé conmemorar dun xeito especial o día 20 de xullo.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *