Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca que “despois do éxito das catro edicións anteriores nas que se xerou un volume de negocio de 1.062.465 euros, este ano puxemos en marcha unha nova campaña dos Bonos Consuma, unha iniciativa para fomentar o consumo no comercio local, que agardamos que teña o mesmo éxito que as anteriores”
Ademais, engadiu “en dita campaña participan un total de 109 establecementos comerciais e de hostalería, de Bertamiráns e do Milladoiro, de practicamente todos os sectores”
Ames, 18 de decembro de 2025.- O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, desenvolve un ano máis a campaña dos Bonos Consuma, unha iniciativa para fomentar o consumo no comercio local. O prazo para descargar os bonos estará aberto desde mañá, venres 19 de decembro. Cada persoa maior de 18 anos poderá descargar un único bono con importe de 50 euros que poderá usar nos 109 establecementos adheridos á campaña deste ano. Para descargar os bonos hai que entrar no apartado de clientes da páxina web dos bonos consuma e introducir os datos persoais do beneficiario. Os bonos poderán gastarse do 19 de decembro ao 19 de febreiro de 2026, ou ata que se esgote o orzamento do programa. Este ano o orzamento da campaña é de 60.000 euros. No caso de que se esgote o orzamento do programa, os vales descargados deixarán de ter saldo, polo que non se poderán empregar. Pódese consultar as empresas adheridas á campaña na seguinte ligazón.
O Concello de Ames pon en marcha unha nova edición do programa Bonos Consuma, unhas tarxetas de desconto que teñen como obxectivo incentivar ao comercio local, ademais de axudar á veciñanza a aforrar nas súas compras nestes establecementos. En total, hai 109 negocios de comercio e hostalería de Ames adheridos á campaña deste ano, catro establecementos máis que na campaña de 2024.
As persoas interesadas en descargar estes bonos poderán facelo dende mañá, venres 19 de decembro, na web de Bonos Consuma. Só terán que entrar no apartado de clientes da páxina e rexistrarse segundo as indicacións. Unha vez introducidos todos os datos persoais, a persoa beneficiaria poderá descargar o bono, que contará cun código QR que haberá que amosar no momento do pago. O desconto dependerá en función do importe da compra que se realice.
O período para utilizar os bonos abrangue dende o 19 de decembro ata o 19 de febreiro, ambos incluídos. No caso de que se esgote o orzamento destinado ao programa, os vales descargados e non usados deixarán de ter saldo polo que perderán validez. O orzamento destinado para este ano é dun total de 60.000 euros. Pódese consultar os establecementos adheridos a esta campaña na seguinte ligazón.
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca que “despois do éxito das catro edicións anteriores nas que se xerou un volume de negocio de 1.062.465 euros, este ano puxemos en marcha unha nova campaña dos Bonos Consuma, unha iniciativa para fomentar o consumo no comercio local, que agardamos que teña o mesmo éxito que as anteriores”. Ademais, engadiu “en dita campaña participan un total de 109 establecementos comerciais e de hostalería, de Bertamiráns e do Milladoiro, de practicamente todos os sectores”.
Como funcionan os Bonos Consuma?
Cada bono terá un valor de ata 50 euros para descontar nos establecementos adheridos ao programa, poderanse usar ata o seu esgotamento ou ata esgotar o crédito dispoñible para esta campaña.
O importe do bono reducirase en función do valor da compra realizada:
-Desconto de 5 euros en compras iguais ou superiores a 10 euros, e inferiores a 30 euros.
-Desconto de 10 euros en compras iguais ou superiores a 30 euros, e inferiores a 50 euros.
-Desconto de 15 euros en compras iguais ou superiores a 50 euros.
Descargar o bono é moi sinxelo. En primeiro lugar, é preciso descargar no teléfono móbil a aplicación Wallet. De seguido, deberás rexistrarte dende o teu móbil na páxina web Bonos Consuma. Tras realizar correctamente o rexistro, recibirás un código de validación por SMS e, despois, xa poderás activar e descargar o teu Bono Consuma en forma de código QR. Unha vez feito este proceso, xa poderás usar o vale nos establecementos que teñan o distintivo Bonos Consuma e, no momento do pago, ensinar o código QR para realizar o desconto.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)