AD

Actualidad

Actos vandálicos deixan fóra de servizo o transporte adaptado municipal de Ames

today12 febrero, 2026

Fondo
share close
AD

Desde o Concello de Ames mostran a súa profunda preocupación e rexeitamento polos actos vandálicos que deixaron fóra de servizo o transporte adaptado municipal

A interrupción deste servizo municipal supón unha grave afectación para persoas especialmente vulnerables, que non dispoñen de alternativas de mobilidade

Ames, 12 de febreiro de 2026.- Infórmase de que por motivos alleos ao Concello de Ames hai que suspender ata novo aviso o servizo municipal de transporte adaptado. O autobús que presta dito servizo apareceu cun cristal roto polo que ata que se arranxe non poderá volver a prestar servizo. A interrupción deste servizo municipal supón unha grave afectación para persoas especialmente vulnerables, que non dispoñen de alternativas de mobilidade.

Desde o Concello de Ames queremos manifestar a nosa profunda preocupación e rexeitamento polos actos vandálicos que deixaron fóra de servizo o transporte adaptado municipal.

Este servizo, prestado polo propio Concello de Ames, é para moitas persoas con discapacidade ou mobilidade reducida o seu único medio de transporte, fundamentalmente para acudir a tratamentos médicos e cubrir necesidades básicas do día a día.

Respectando plenamente a folga como un dereito fundamental, lembramos que non pode exercerse por riba doutros dereitos igualmente esenciais, especialmente os das persoas que dependen a diario do transporte adaptado para garantir a súa autonomía e dignidade.

A interrupción deste servizo municipal supón unha grave afectación para persoas especialmente vulnerables, que non dispoñen de alternativas de mobilidade.

Calquera reivindicación que se leve a cabo, por moi lexítima e razoable que sexa, debe facerse sen prexudicar a quen máis precisa dos servizos públicos.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *