AD

Actualidad

Fondo
AD

Comarca

Rianxo prepárase para acoller a etapa máis decisiva do Rali Berberecho de Noia

Esta fin de semana, Rianxo converterase nun punto clave do automobilismo galego coa celebración da XXXIX edición do Rali Berberecho de Noia, unha das probas máis destacadas do calendario da Federación Galega de Automobilismo. O sábado 5 de abril, a partir das 17:30 horas, terá lugar un reagrupamento dos vehículos participantes na Praza Castelao. A continuación, os pilotos afrontarán no municipio rianxeiro a etapa máis longa e decisiva desta edición, un tramo que será seguido por milleiros de afeccionados. A […]

today31 marzo, 2025

Comarca

Antón Pombo presenta a primeira guía do Camiño da Ría de Muros Noia

O presidente da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia salienta que “contén referencias moi útiles e vaise converter nunha ferramenta imprescindible para os que percorran este trazado” O director da Fundación da Catedral puxo en valor que esta ruta inclúe “etapas non demasiado extensas e permite camiñar, pararse, contemplar, meditar e interiorizar”, “un camiño doado de facer e que dá gusto desfrutalo” 31 de marzo de 2025.- Un Camiño curto, accesible a todas as persoas e […]

today31 marzo, 2025

Comarca

Padrón abre o prazo para solicitar praza na Escola Infantil Municipal para o curso 2025/26

As familias poderán presentar a súa solicitude de forma presencial no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica municipal O periodo conclúe o 11 de abril Padrón. 31-3-2025.- O Concello de Padrón informa de que o prazo para solicitar praza na Escola Infantil Municipal para o curso 2025/26 permanecerá aberto entre mañá martes día 1 e ata o venres 11 de abril. As familias interesadas poderán presentar a súa solicitude de forma presencial no Rexistro do Concello ou […]

today31 marzo, 2025

Comarca

Xa podes solicitar praza nas escolas infantís de Ames para o curso 2025-2026

Dende este martes, 1 de abril, estará aberto o prazo de solicitude de praza para o curso 2025-2026 nas escolas infantís de titularidade municipal (O Bosque, en Bertamiráns, e A Madalena, no Milladoiro) As solicitudes poderán presentarse ata o vindeiro 15 de abril. Posteriormente, os/as admitidos/as deberán formalizar a matrícula entre o 1 e o 16 de xuño A documentación que hai que presentar para solicitar praza pode descargarse preferentemente a través da páxina web conciliames.gal, ou ben recollerse nas […]

today31 marzo, 2025

Actualidad

Os versos de Uxío Novoneyra, Tenório Telles e Moon Chung-Hee incorpóranse ao Xardín das Pedras que Falan

En recoñecemento ao poeta Uxío Novoneyra, a alcaldesa de Santiago puxo en valor no seu discurso a relación entre a chuvia e a literatura: “case se podería escribir unha antoloxía única e exclusivamente con poemas e textos literarios, creados na nosa lingua, dedicados á chuvia” e “se hai un autor na literatura de noso que cantou a chuvia de xeito persistente na súa obra, ese foi sen dúbida Uxío Novoneyra”. Para Goretti Sanmartín, o verso escollido do autor do Courel: Chove […]

today31 marzo, 2025

Actualidad

En maio volven os Bonos Corazón a Santiago

O departamento de Comercio convocará este ano dúas campañas do programa Bonos Corazón, a primeira delas no próximo mes de maio. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, explicou que “atendemos así unha demanda do sector, co obxectivo de dinamizar o comercio nas dúas épocas do ano nas que adoitan baixar as vendas”. A segunda fase do programa volverá ser en outubro. A Xunta de Goberno aprobou hoxe a convocatoria do procedemento de concorrencia […]

today31 marzo, 2025

Comarca

Dúas persoas feridas en accidentes de tráfico en Ribeira e Boiro na mesma noite

Dúas persoas resultaron feridas en senllos accidentes de tráfico ocorridos na noite do domingo nas estradas de Ribeira e Boiro. O primeiro sinistro tivo lugar ás 21:45 horas na Avenida da Coruña, en Ribeira, cando un turismo e un ciclomotor colidiron. Os ocupantes do coche saíron ilesos, pero o mozo que conducía o ciclomotor quedou tendido no chan, consciente pero con dores. A súa nai e unha transeúnte, que se identificou como médica, asistírono ata a chegada dos servizos de […]

today31 marzo, 2025

Comarca

Éxito da Exposición da Camelia e do Bonsái de Padrón con 72 expositores

A novena edición celebrou o irmandamento entre os concellos de Padrón e Vedra, fortalecendo os lazos culturais e naturais entre as dúas localidades O certame contou cun amplo programa de actividades, desde obradoiros e demostracións ata visitas guiadas O evento recoñeceu as mellores camelias de Galicia nas categorías de orixe galega, camelia xapónica, reticulata, híbrida, e outras especies, poñendo en valor o traballo de cultivadores e expertos de todo o país Padrón. 31-3-2025.- O Convento do Carme de Padrón converteuse […]

today31 marzo, 2025

Actualidad

José Balboa deixa a presidencia de Dano Cerebral Santiago despois de 25 anos

  Na tarde do venres 28 celebráronse as asembleas xerais ordinaria e extraordinaria da asociación Dano Cerebral Santiago de Compostela nas que, entre outros asuntos, se elixiu nova xunta directiva e se aprobaron as contas de 2024, o orzamento para 2025 así como o IV Plan estratéxico e o plan de actuación para este ano. Luciano Fernández foi elixido novo presidente da asociación tomando o relevo de José Balboa, quen foi fundador da entidade e presidente durante 25 anos. José […]

today31 marzo, 2025

AD