Catro persoas feridas en Pontecesures tras ser atropeladas por un autobús
Catro persoas tiveron que ser trasladadas ao Hospital Clínico de Santiago na mañá deste sábado despois de sufrir un atropelo en Pontecesures. O incidente produciuse arredor das 06:30 horas, nas inmediacións dunha discoteca do municipio, cando un autobús que realizaba manobras alcanzou ás vítimas, que se atopaban esperando para coller o propio vehículo. Foron varios particulares os que deron a voz de alarma ao 112 Galicia, o que mobilizou de inmediato a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de […]