AD

Actualidad

Fondo
AD

Actualidad

Tonhito de Poi estrea proxecto musical: «POI é rock, electrónica e chamanismo»

O artista galego Tonhito de Poi, coñecido pola súa traxectoria na música e na televisión, presentou en Radio Líder Santiago o seu novo proxecto musical en compañía da produtora e música Cristina Morquillas. O proxecto, chamado POI, combina rock, electrónica e chamanismo, cunha forte mensaxe de respecto á natureza e á identidade galega. "É un proxecto que xorde de moitos anos de amizade e de traballar xuntos. A música de POI ten tres ingredientes: rock, electrónica e unha parte mística […]

today4 febrero, 2025 2

Actualidad

“Más de la mitad de los cánceres están relacionados con el tabaco”

  Este martes 4 de febrero, en el marco del Día Mundial Contra el Cáncer, el programa Bienvenidos al Norte de Radio Líder Santiago entrevistó a Gema García Abril, gerente de la Junta Provincial de la Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) en A Coruña. En la conversación, se abordaron los avances en investigación, la prevención y el impacto de la enfermedad en la sociedad. Según García Abril, uno de los objetivos principales de la AECC es alcanzar un 70% […]

today4 febrero, 2025

Actualidad

A Rúa das Rodas contará cun paso de peóns elevado á altura da Galiña Azul

Xesús Domínguez detallou que este proxecto, que acaba de ser aprobado pola Xunta de Goberno co obxectivo de mellorar a accesibilidade peonil á Galiña Azul de San Roque, “responde á escoita activa dos sectores implicados, os pais e nais, e da ANPA desta escola infantil que hai anos viñan demandando un paso seguro”, xa que na actualidade o tránsito escolar ten que facerse a través do paso de peóns da Porta do Camiño ou ao de San Roque, “xenerando situacións de […]

today4 febrero, 2025

Comarca

Éxito de participación na XIV BTT Cicloturista da Camelia en Vedra

A XIV Edición da BTT Cicloturista da Camelia celebrouse en Vedra cunha participación récord, esgotando as 400 prazas dispoñibles días antes do evento. A proba, organizada polo Concello de Vedra e o Club Ribadoulla, desenvolveuse nun percorrido espectacular marcado pola lama deixada polos temporais recentes. A presenza de destacados ciclistas como Brandán Márquez, Alex Marque, Diego Sevilla e Lara Lois engadiu emoción á xornada, que contou cun ambiente excepcional. O evento, narrado en primeira persoa por Terio Carrera, deixou unha […]

today4 febrero, 2025

Actualidad

O alcalde de Vedra sobre a proposta de poñer unha data fixa para o Entroido: «As tradicións non se tocan»

O rexedor fala sobre os retos do Concello, a reforma do centro de saúde, o Entroido e os plans de futuro para Vedra O alcalde de Vedra, Carlos Martínez, pasou polos micrófonos de Radio Líder Santiago para facer balance do inicio do ano 2025 e adiantar os principais proxectos do Concello. Durante a entrevista, Martínez abordou cuestións como a necesaria reforma do centro de saúde, os festexos do Entroido, a aposta polo medio ambiente e os desafíos do goberno municipal. […]

today3 febrero, 2025

Actualidad

Pepo Suevos escribe o guión dunha película sobre a noite compostelá dos anos 90

O humorista, actor e guionista galego fala en Radio Líder Santiago sobre a súa longa traxectoria, os seus proxectos audiovisuais e a homenaxe a Farruco, referente do humor en Galicia. O actor e humorista Pepo Suevos celebrou en Radio Líder Santiago os seus 25 anos no mundo da comedia, repasando unha traxectoria chea de éxitos e novidades. Desde o seu comezo nos bares de Compostela ata a súa participación en series de éxito e a escrita da súa primeira longa […]

today3 febrero, 2025

Actualidad

Os Premios Youtubeiras+ distinguen a un proxecto de Ames, Exército Mekemeke, como mellor canle de YouTube

O Pazo da Cultura de Narón acolleu a gala de entrega dos Premios Youtubeiras+. Conduciuna Javi Sánchez e contou coa actuación musical do grupo De Ninghures Por parte do Concello de Ames asistiron a dita gala o alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García, a concelleira de Benestar Social, Uxía García, e persoal do Servizo de Normalización Lingüística, Rosa Moreiras e Lucía Ferro Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Ferrol, […]

today3 febrero, 2025

Actualidad

Gonzalo Muíños alerta sobre o incremento de “situacións conflitivas” no barrio da Choupana

Aínda que recoñece que este é “un problema que vén de atrás”, o portavoz socialista advirte dun “incremento alarmante do número de persoas drogodependentes que consumen na contorna do CHUS” nas últimas semanas Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2025. As veciñas e veciños de Santa Marta e, particularmente, do barrio da Choupana, veñen denunciando nas últimas semanas un incremento “alarmante” do número de persoas drogodependentes que consumen na contorna do CHUS. Unha situación que, recoñece o portavoz socialista, […]

today3 febrero, 2025

Actualidad

O PP de Santiago insiste, ante inacción do BNG, no arranxo do parking de Salgueiriños

• “Estamos ante un claro exemplo de desleixo ante os problemas máis sinxelos da cidade, xa que hai uns meses, esta mesma concelleira poñía de manifesto o mal estado deste espazo, pero pasou o tempo e, lonxe de estar arranxado, a súa situación é aínda peor”, reiterou Yolanda Otero. • Destacou que “dende o Partido Popular seguiremos reivindicando que as vías e os espazos públicos municipais deben mudar o abandono pola decencia e dignidade e seguiremos traballando por un Santiago […]

today3 febrero, 2025

AD